The Wild Tchoupitoulas foron un grupo estadounidense de tribal-funk/zydeco de Nova Orleáns, principalmente de directo e creado para a súa participación nos desfiles musicais do Mardi Gras pero que tamén publicou un álbum homónimo no selo Antilles no ano 1976.
Historia
The Wild Tchoupitoulas estaban dirixidos por Big Chief Jolly (George Landry). Formáronse a principios dos anos 70 a partir da tradición india de Mardi Gras, a comunidade nativa norteamericana é fundacional na colaboración do antroido da cidade, e o grupo musical creou unha tribo ficticia, como era habitual entre os participantes, tomando o seu nome da tribo Tchoupitoulas e da rúa de Nova Orleáns que percorre o río Mississippi. En 1976, co apoio instrumental de The Meters e as contribucións vocais dos Neville Brothers, publicaron un álbum homónimo en Antilles.
Discografía
The Wild Tchoupitoulas publicou o seu único álbum en 1976. O disco combina cantos indios de Mardi Gras con ritmos funk e de influencia caribeña, levando a enerxía ritual das rúas de Nova Orleáns ao estudio.
George Landry escribiu cinco das oito cancións, incluíndo "Meet De Boys on the Battlefront", adaptada do calipso trinitense do grupo Lord Invader, co seu tema "Rum and Coca Cola". Cyril Neville contribuíu con "Brother John" e co-escribiu "Hey Hey (Indians Comin’)" con Landry. A banda de funk americana The Meters proporcionou "Hey Pocky A-Way", orixinalmente gravada no seu álbum de 1974 Rejuvenation.
As cancións alternan entre cantos estendidos e temas procesionais máis curtos. "Indian Red" esténdese máis aló dos sete minutos como peza cerimonial central, mentres que "Hey Mama (Wild Tchoupitoulas)" e "Big Chief Got a Golden Crown" avanzan cun ritmo marcado. O disco abre cun chamado tribal exuberante en "Brother John" e pecha con cantos de crítica política en "Hey Hey (Indians Comin’)".
Lista de temas:
A1. "Brother John" – 3:34 A2. "Meet De Boys on the Battlefront" – 3:22 A3. "Indians Here Dey Come" – 4:02 A4. "Hey Pocky A-Way" – 3:57
B1. "Indian Red" – 7:19 B2. "Big Chief Got a Golden Crown" – 3:58 B3. "Hey Mama (Wild Tchoupitoulas)" – 4:43 B4. "Hey Hey (Indians Comin’)" – 3:58
As sesións de gravación tiveron lugar no Sea-Saint Studio de Nova Orleáns baixo a produción de Allen Toussaint e Marshall Sehorn, e con Roberta Grace como enxeñeira de son.
A instrumentación contou con Art Neville (teclados), Charles Neville (saxo, frauta), Aaron Neville (piano), Cyril Neville (cóngas), George Porter Jr. (baixo), Leo Nocentelli e Teddy Royal (guitarras), e Joseph "Zigaboo" Modeliste (batería). Os vocais da tribo correron a cargo de Big Chief Jolly, Norman Bell (Second Chief), Booker Washington (Trail Chief), Carl Christmas (Flag Boy), Amos Landry (Spy Boy), Thomas Jackson (Third Chief), e Willie Harper.
A cuberta do álbum contou coa arte de Carleatis e con fotografía e deseño de Paul A. Howrilla.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Hey Mama, The Wild Tchoupitoulas en youtube
Categoría:Grupos musicais de funk Categoría:Grupos musicais dos Estados Unidos de América Categoría:Grupos musicais formados en 1976 Categoría:Entroido