Los Prisioneros foi unha banda de rock chilena, considerada unha das máis importantes e influentes do seu país e de toda América Latina. Formada na década de 1980, na comuna de San Miguel (Santiago de Chile), estivo composta nun principio por Jorge González (voz, baixo e principal compositor), Claudio Narea (guitarra, voz e coros) e Miguel Tapia (batería, voz e coros).

Nos seus comezos, desenvolveu un son new wave con matices punk para posteriormente achegarse ao synth pop. Fíxose coñecida polas súas cancións cheas de contido e de crítica social, o que serviu de inspiración para espertar a unha xeración que estaba a ser oprimida pola ditadura militar, quen empregaron estes temas como loita contra o réxime de Augusto Pinochet. Isto provocou unha censura á banda nos principais medios de comunicación, até principios dos anos 1990. Malia o veto, tiveron un grande éxito comercial sen precedentes, que traspasou fronteiras en países como Colombia, Ecuador e o Perú. Coincidindo coa transición á democracia, produciuse a primeira mudanza e reestruturación da banda: Narea abandonou a agrupación, González asumiu a guitarra e incorporáronse Cecilia Aguayo (teclados, coros) e Robert Rodríguez (baixo, coros) como respaldo en vivo até inicios de 1992, data en que a banda se separou.

Discografía 1984 - La voz de los '80 1986 - Pateando piedras 1987 - La cultura de la basura 1990 - Corazones 2003 - Los Prisioneros 2004 - Manzana

Notas

Categoría:Artistas de Universal Music Group Categoría:Grupos musicais formados en 1983 Categoría:Grupos musicais de Chile