Los cuatro músicos de Bremen é un filme español de animación dirixido por Cruz Delgado. O guión foi escrito por Gustavo Alcalde e a música foi composta por Manuel Pacho. Foi producido por Estudios Cruz Delgado. O seu xénero é unha comedia musical. Está protagonizado por Koky o galo, Lupo o can, Burlón o gato e Tonto o burro.

Estreouse nos cinemas de España o 26 de xuño de 1989. Debido ao éxito dos debuxos animados nos cinemas, incluso se fixo unha serie de debuxos animados para a televisión chamada Los Trotamúsicos. O filme gañou o Goya ao mellor filme de animación na 4ª edición dos premios.

Sinopse Conta a historia de catro animais amigos, un galo, un burro, un can e un gato que forman un grupo de música na que tocan, respectivamente, a guitarra, a batería, a trompeta e o saxofón.

Personaxes Rafael Alonso Naranjo Jr. como Koky Gonzalo Durán como Tonto Eduardo Jover como Lupo Claudio Serrano como Burlón Luis Marín como Bestia Valle Acebrón como Bella Pilar Gentil como Mami Pilar Coronado como Ocarina José Luis Baltanás Burgomaestre Ana María Saizar como Burgomestra

Notas

Categoría:Filmes de 1989 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España