Marcos Fernández Sánchez, nado en Cambrils o 17 de maio de 2003, é un futbolista español que xoga como dianteiro e extremo dereito no Ceuta, da Segunda División, cedido polo Espanyol.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Gimnàstic de Tarragona e do Real Betis. O 27 de novembro de 2021 debutou co Betis Deportivo na Primeira Federación, substituíndo a José Lara nunha derrota por 2-1 fronte ao Castellón. O 23 de agosto de 2022 asinou un novo contrato por tres anos co club, ascendendo definitivamente ao filial, xa na Segunda Federación.
Marcou o seu primeiro gol o 3 de setembro de 2022, nunha vitoria por 0-1 contra o FC Cartagena B. Rematou a tempada como máximo goleador do equipo con 11 goles (incluíndo un triplete ante o Utrera o 9 de abril de 2023), pero sufriu unha grave lesión de nocello en xullo de 2023 no primeiro adestramento da nova campaña.
De volta aos terreos de xogo en febreiro de 2024, conseguiu marcar tres goles en 11 partidos no regreso do Betis Deportivo á terceira categoría. Realizou a pretempada de 2024 co primeiro equipo, e na seguinte campaña volveu ser o máximo goleador do filial, con 10 goles na Primeira Federación.
En xuño de 2025, tras rematar o seu contrato co Betis, fichou polo Espanyol, da Primeira División, que o cedeu ao Ceuta, da Segunda División.
Notas
Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Cambrils Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié B Categoría:Xogadores do RCD Espanyol