George Hubbard Clapp, nado en Allegheny, Pensylvania, o 14 de decembro de 1858, e finado en Sewickley, Pensylvania, o 31 de marzo de 1949, foi un numismático e industrial do aluminio estadounidense.
Traxectoria
Primeiros anos e formación George Hubbard Clapp naceu o 14 de decembro de 1858 en Allegheny, Pensilvania,Smith, P. (1992). posteriormente incorporada a Pittsburgh, fillo de Delia Dennig Hubbard (1831-1909) e de DeWitt Clinton Clapp (1827-1921),"George Hubbard Clapp". Ancestors.familysearch.org un executivo dunha empresa de ferro.Kleeberg, J. M. (2000).
Graduouse na Western University of Pennsylvania, transformada despois na Universidade de Pittsburgh, en 1877."Alumni Department". En Pennsylvania Western. 5 (5). Pittsburgh: Western University of Pennsylvania. Páxina 129. 1886. Antes do seu falecemento, era o graduado de máis idade en vida desa universidade.S. P. N. (1949).
Carreira profesional Clapp asumiu un posto de enxeñeiro na compañía Black Diamond Steel Works. Alí, xunto co capitán Alfred E. Hunt, estableceu o departamento de química do Pittsburgh Testing Laboratory. Hunt formou unha empresa en 1888 para explotar as patentes de Charles M. Hall para a fabricación de aluminio por electrólise, e Clapp foi tesoureiro e secretario da compañía nos seus inicios, aínda que dimitiu como tesoureiro en 1892 e foi substituído por Andrew W. Mellon. A empresa pasou a coñecerse máis tarde como a Aluminium Company of America. Aínda que xeralmente se lle atribúe a Hall a invención do proceso do aluminio, foi Clapp quen reuniu o capital risco inicial para facer o proceso comercialmente viable.
Desde 1907 ata o seu falecemento en 1949, Clapp foi presidente da Xunta de Conservadores da Universidade de Pittsburg.Alberts, R, C. (1987). Pitt: The Story of the University of Pittsburgh 1787-1987. University of Pittsburgh Press. ISBN 0-8229-1150-7 Foi un dos impulsores da mudanza da escola desde a súa localización no North Side ao distrito de Oakland. Tamén foi conservador do Carnegie Institute of Technology, posteriormente coñecido como Universidade Carnegie Mellon, e foi membro da American Chemical Society.
Numismática e malecoloxía miniatura|300x300px|George Hubbard Clapp (terceiro pola esquerda) con outros malacólogos estadounidenses nunha reunión en Washington en 1914. Clapp foi moi afeccionado tanto á malecoloxía como á numismática, e á medida que foi aumentando a súa fortuna grazas aos seus negocios, foi incrementando as súas coleccións nestes dous ámbitos.
Comezara a súa colección de moedas xa na súa infancia, na década de 1870, e co tempo chegou a ser un dos fundadores da Sociedade Numismática do Oeste de Pensilvania. A súa colección numismática estaba especializada en moedas estadounidense dun centavo grande en conservacións excelentes, e participou con varios dos seus mellores exemplares na exposición da American Numismatic Association de 1935. Na década de 1930 doou as súas coleccións de moedas tanto á American Numismatic Society como aos Museos Carnegie de Pittsburgh.
George H. Clapp foi membro da American Numismatic Association desde 1924, e tamén da American Numismatic Society e da Western Pennsilvania Numismatic Society, da que foi fundador.
Foi o seu avó quen o animou a iniciar a súa colección de cunchas. Ao longo dos anos reuniu máis de 100.000 cunchas de moluscos, que máis tarde doou aos Museos Carnegie de Pittsburgh.
Na súa honra denomináronse dúas especies: Clappia (Walker, 1909)Walker, B. (1909). "New Amnicoldae from Alabama". En The Nautilus. XXII (9). Xaneiro. Páxinas 85-86. e Planogyra clappi (Pilsby, 1898).Pilsbry, HH. A. (1898). "Descriptions of new American Land Shells". The Nautilus. XI (12). Abril. Páxinas 133-134."Planogyra clappi (Pilsbry, 1898)". MolluscaBase.org
Vida persoal George Hubbard Clapp casou en 1882 con Anne Wardrop Love (1860-1943), e a parella tivo dúas fillas: Marion Elizabeth e Katherine Denning Clapp.
Clapp morreu aos 90 anos o 31 de marzo de 1949, na súa casa en Sewickley, Pensilvania."George Clapp, 90, an Alcoa Folinder; Prominent Figure in Aluminum Industry DiesmLong Head of U. of Pittsburgh Board". En The_New_York_Times. 1 de abril de 1949.
O edificio Clapp Hall, no campus da Universidade de Pittsburgh, leva o seu nome na súa honra.
Publicacións
(1931). The United States Cents of the Years 1798-1799. Sewickley, Pennsylvania. (1941). The United States Cents 1804-1814. W. Raymond. (1945). Type Set of United States Cents 1793-1857: From the Collection of George H. Clapp. (1947). The United States Cents of the Years 1795-1796, 1797, and 1800 (con Howard Newcomb). American Numismatic Society.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kleeberg, J. M. (2000). "Clapp, George Hubbard". En American National Biography. Oxford University Press. Smith, P. (1992). "Clapp, George Hubbard". En American Numismatic Biographies. Páxina 86.
S. P. N. (1949). "George H. Clapp, A.N.A. 2465". En The Numismatist. Xuño. American Numismatic Association. Páxina 361.
Ligazóns externas
George Hubbard Clapp (1858-1949). Smithsonian Institution Archives
Categoría:Nados en 1858 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Nados en Pensilvania Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Malacólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Pittsburgh Categoría:Coleccionistas