Rainha Depois de Morta, Inês de Castro (1910) é unha película do cine mudo portugués de Carlos Santos, considerado o primeiro filme épico de recreación histórica realizado en Portugal. En 2025 a curtametraxe encóntrase desaparecida. Tamén foi o primeiro filme do actor António Silva.
Sinopse O filme narra os amores, a morte e a coroación póstuma como raíña da nobre galega Inés de Castro: «a mísera e mesquinha que, depois de morta, foi rainha».
Produción Anunciada e concibida como unha "película de arte" máis de que un filme comercial, a obra cinematográfica "Rainha despois de Morta" foi producida grazas ás boas conexións do produtor Júlio Costa no mundo do teatro, que reuniu a Rafael Ferreira, profesor do Conservatorio e xornalista de O Século , e a Carlos Santos, un respectado actor da escena artística nacional, que dirixiu e interpretou o papel de D. Pedro I de Portugal.
Carlos Santos reuniu o elenco, facendo un chamamento a outro actor de teatro recoñecido, Eduardo Brazão, para interpretar o papel do rei Afonso IV de Portugal. Amélia Vieira, a nai de Carlos Santos, foi elixida para o papel de Inés de Castro. O filme tamén é importante para marcar o debut cinematográfico de António Silva, que se convertería nun dos actores máis populares do teatro e do cinema portugués do século XX.
A película foi rodada no Atelier Cerca do Coleginho, situado na Mouraria, e en Campo Grande, en Lisboa, e foi producida por Empreza Cinematographica Ideal.
Contexto histórico Xuntamente con Os crimes de Diogo Alves (1909), Rainha despois de Morta foi unha das primeiras grandes producións do cine portugués, empregando medios técnicos industriais e grandes elencos, anunciando a tendencia de producir obras espectaculares con temas nacionais portugueses, que se intensificaría a partir da década de 1920.
A película foi exhibida no Salón Central do Palácio Foz o 2 de maio de 1910 e, máis tarde, en salas de espectáculos do país, de África e do Brasil.
Elenco
Carlos Santos ... D. Pedro I Eduardo Brazão ... D. Afonso IV Amélia Vieira ... Inês de Castro José Carlos dos Santos ... D. João Pinto Costa ... Álvaro de Castro Mario Veloso ... Pero Coelho Madalena Caçador ... D. Dinis Tomás Vieira... Diogo Lopes Pacheco Mendonça de Carvalho ... Álvaro Gonçalves Maria Amélia Caçador ... D. Beatriz María Machado ... Páxina Maria Isabel de Oliveira Berardi ... Criada Antonio Silva Augusto Sampaio Botelo do Amaral Carlota Sande Castro Guimarães Francisco Mendonça Margarida de Sousa Mario Pedro
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cinema de Portugal Inés de Castro
Ligazóns externas «Rainha Depois de Morta». en Amor de Perdição (base de dados) «Rainha Depois de Morta». en CinePT-Cinema Portugues (base de dados
Categoría:Filmes de Portugal Categoría:Cinema mudo Categoría:Curtametraxes Categoría:Filmes de 1910