A mascagnita é un mineral da clase dos sulfatos. Recibe o seu nome na honra de Paolo Mascagni (1755–1815), profesor de anatomía na Universidade de Siena, que foi o primeiro en describilo.

Características A mascagnita é un sulfato coa fórmula química (NH₄)₂SO₄. Cristaliza no sistema ortorrómbico. A súa dureza Mohs está entre 2 e 2,5. Forma unha serie de solucións sólidas coa arcanita. É lixeiramente higroscópica, é dicir, que absorbe humidade.

Segundo a clasificación de Nickel-Strunz, a mascagnita pertence a "07.AD - Sulfatos (selenatos, etc.) sen anións adicionais, sen H₂O, con só catións grandes" xunto cos seguintes minerais: arcanita, mercalita, misenita, letovicita, glauberita, anhidrita, anglesita, barita, celestina, olsacherita, calistroncita e palmierita .

Formación e depósitos Atópase en fumarolas volcánicas activas, en fontes termais e en depósitos de minas de carbón en combustión. Foi descuberto en 1800 no Vesubio, na provincia de Nápoles (Campania, Italia).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Sulfatos Lista de minerais

Ligazóns externas Mascagnita en Mindat Mascagnita no Handbook of Mineralogy

Categoría:Minerais