Nunavik (en ) é unha rexión do Canadá que constitúe o terzo norte da provincia do Quebec, unha parte do Quebec do norte que linda con Kativik. A súa área é de 443,684,71 km2 e sitúase sobre o paralelo 55. Trátase da terra natal dos inuit do Quebec, e pertence á patria tradicional dos inuit. Case todos os seus 14,045 habitantes (segundo o censo de 2021), dos cales o 90% son de etnia inuit, viven en catorce vilas da costa setentrional e na reserva Cree de Whapmagoostui, preto da vila de Kuujjuarapik.
Nunavik significa "a gran terra" no dialecto local do inuktitut e os residentes inuit da zona chámanse a si mesmos nunavimmiut. Até 1912 formaba parte do distrito de Ungava dos territorios do noroeste.
Na década dos 2000 houbo negociacións a prol da autonomía rexional e a resolución de reclamacións territoriais pendentes. A sede do goberno situaríase en Kuujjuaq. Porén, o debate sobre o apoderamento dos inuit e a mellora dos seus dereitos políticos continúa aberto.
Notas
Categoría:Wikipedia:Artigos con coordenadas en Wikidata Categoría:Rexións de América do Norte Categoría:Xeografía do Canadá