O tesouro de Weston-sub-Edge é un tesouro monetario da época da Guerra Civil inglesa que comprende 309 moedas de ouro e de prata e un recipiente de tubo de chumbo, que foi achado en 1981 en Weston-Sub-Edge, en Gloucestershire, Inglaterra."Civil War Coin Hoard found in Village Hall". Heritage Gateway. Gloucestershire County Council: Historic Environment Record Archive (Heritagegateway.org.uk).

Achado O tesouro foi atopado en setembro de 1981 nun antigo celeiro, que naquela época se utilizaba como salón veciñal, en Weston-sub-Edge. O tubo de chumbo descubriuse aproximadamente 60 centímetros por baixo da superficie do terreo nunha fosa que se cavara para construír un piar que soportase o tellado. O tesouro atopábase na posición central do edificio, aliñado coas estruturas da cubrición da construción orixinal do século XVII.Mayhew, N.; Viner, D. (1987). "A Civil War Coin hoard from West-sub-Edge, Gloucestershire". En Transactions of the Bristol and Gloucestershire Archaeological Society. Nº 105. Páxinas 213-222.

Contido O tubo de chumbo que contiña as moedas estaba selado en ambos os seus extremos. Medía 270 milímetrode lonxitude e 55 milímetros de diámetro. Das 309 moedas que compuñan o tesouro, 307 eran de prata e dúas de ouro, e dentro do tubo había tamén un anaco de papel co texto "o tesouro é de 18 libras", aínda que o valor nominal real do conxunto era exactamente de 17 libras, 13 xilins e seis peniques.

As moedas do tesouro abranguen desde os reinados de Eduardo VI de Inglaterra (1547-1553) ata Carlos I de Inglaterra (1625-1649), e a moeda máis recente data de 1643. Hai seis moedas de Eduardo VI, tres de Filipe e María (1553-1558), 107 de Isabel I (1558-1603), 36 de Xacobe I (1603-1625) e 157 de Carlos I.

Conservación O conxunto foi declarado formalmente como tesouro polas autoridades arqueolóxicas e de patrimonio, e posteriormente foi adquirido polo Museo Corinium."The Weston sub Edge hoard". Corinium Museum.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Tesouro

Categoría:Tesouros Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Inglaterra Categoría:Moedas da Idade Antiga Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas de prata Categoría:Guerra Civil Inglesa