Argyll e Bute, en gaélico escocés Earra-Ghaidheal agus Bòd, en lingua scots Argyll an Bute, en inglés Argyll and Bute é unha rexión e condado no oeste de Escocia.
Xeografía É o segundo condado máis grande de Escocia por área, con 6.909 km². Ten unha superficie de 1.100 quilómetros cadrados (6.000 millas cadradas), pero unha poboación moi pequena, cunha poboación estimada de 88.166 en en 2011 (13 habitantes/km²). A capital é Lochgilphead / Ceann Loch Gilb, mentres que a cidade máis grande é Helensburgh / Baile Eilidh.
Inclúe parte das Hébridas Interiores, concretamente as illas do sur.
Lindes
Limita co océano Atlántico ao oeste, coa rexión das Terras Altas (Highland) ao norte, con Perth e Kinross ao nordés, con Stirling ao leste e con West Dunbartonshire ao sur.
Principais cidades Helensburgh / Baile Eilidh (a de maior poboación, con 14.220 habitantes) Oban / An t-Òban (8.575 habitantes) Dunoon / Dùn Omhain (8.251 habitantes) Campbeltown / Ceann Loch Chille Chiarain (4.852 habitantes) Rothesay / Baile Bhòid (4.637 hab.) Lochgilphead / Ceann Loch Gilb (capital, 2.300 hab.)
Historia O antigo reino gaélico de Dál Riata estaba situado principalmente nesta rexión e especificamente en Argyll.
O condado actual formouse en 1996 cando o distrito de Argyll e Bute foi engadido ao condado de Strathclyde.
Está gobernado por un provost, o equivalente escocés a un major inglés.
Medio natural
Parque Nacional do Lago Lomond e os Trossachs: Un dos dous parques nacionais de Escocia. Foi establecido no 2002 e inclúe o Lago Lomond e a cordilleira dos Trossachs.
Illas 32 illas forman parte da rexión. Estas son algunhas das que contan con poboación permanente: Illa Área (km²) Poboación (habitantes) Mull / Muile 875,35 2.800 Islay / Íle 619,56 3.228 Xura / Diúra 366,92 196 Bute / Bòid 122,17 6.498 Tiree / Tiriodh 78,34 653 Coll / Cola 76,85 195Gigha / Giogha
Gàidhealtachd A rexión era tradicionalmente parte da área de fala gaélica escocesa. Hoxe, a illa de Tiree en particular, é parte do Gàidhealtachd.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Argyll e Bute , páxina oficial
Categoría:Xeografía de Escocia