O centésimo de lira (ou céntimo de lira) foi a moeda de menor valor facial dentro da serie da lira italiana. Do mesmo xeito que as moedas contemporáneas de 2, 5 e 10 centésimos, estaba cuñada nunha aliaxe de bronce composta por 960 ‰ de cobre e 40 ‰ de estaño.

Esta moeda foi herdeira doutras de valores similares emitidas polos diferentes reinos e territorios da Península Itálica antes da creación do Reino de Italia en 1860. Cuñouse entre 1861 e 1918, e logo foi retirada da circulación en 1924."1 centesimo. 1908-1918". Catalogogigante.it

Orixe: antes da unificación

A reforma monetaria napoleónica Co ánimo de pór orde no sistema monetario francés, o 15 de agosto de 1795, a Convención Nacional introduciu o uso dunha base decimal e o bimetalismo, un sistema que Napoleón non puxo en práctica ata 1803. Como consecuencia, adoptouse o franco de prata como unidade oficial; os múltiplos de valor superior a 5 francos cuñábanse en ouro, en tanto que o cobre se limitaba ás moedas inferiores ao medio franco.Cournot, A. A. (2013). Logo da campaña italiana de Napoleón, naceu o Reino de Italia en 1805, e ao ser este unha dependencia de facto de Francia, adoptou o novo sistema monetario decimal.

miniatura|202x202px|1 centesimo, 1813. Imperio de Napoleón (1805-1814)."1 Centesimo - Napoleon I". Numista.com

Nesa conxuntura creouse a lira italiana napoleónica, unha moeda totalmente equivalente ao franco francés e, xa que logo, utilizable tanto en Francia como en Italia. A moeda co valor da centésima parte dunha lira comezou a cuñarse a partir de 1807 nas casas de moeda de Boloña, Venecia e Milán, que que finalmente se converteu na ceca onde se producían todas as moedas do reino."1 centesimo Italia, Napoleone ". Numismatica-italiana.lamoneta.it A moeda dun centésimo pesaba 2,1 gramos, tiña un diámetro de 19,5 milímetros e estaba feita dunha aliaxe de cobre de 950 ‰.Gigante, F. (2013). Páxinas 227-228.

O centésimo cuñouse oficialmente ata 1813, pero é probable que a súa emisión continuase mesmo despois da batalla de Waterloo; de feito, debido á falta de novas moedas, os austríacos continuaron a usar a casa da moeda de Milán ata 1819 para emitir as moedas napoleónicas de cobre e prata."Napoleone I. Regno d'Italia ". Numismatica-italiana.lamoneta.it

A Restauración miniatura|202x202px|1 centesimo 1843. Reino lombardo-véneto. Fernando I (1835-1848)."1 Centesimo - Ferdinand I". Numista.com Coa Restauración das monarquías europeas, as reformas napoleónicas tamén foron abolidas no ámbito monetario. O Imperio Austríaco, que gobernaba o norte de Italia co Reino Lombardo-Véneto, substituíu a lira napoleónica pola lira austríaca, unha moeda de dobre circulación vinculada ao florín austríaco. Do mesmo xeito que o florín, a nova lira non seguía unha base decimal: os seus múltiplos eran o escudo e o soberano, cun valor de 6 e 40 liras austríacas, respectivamente. Non obstante, os submúltiplos da lira seguían a base decimal; de feito, do mesmo xeito que o florín se dividía en 100 soldos, a lira tamén estaba composta por 100 centésimos.Gigante, F. (2013). Páxina 34. Grazas a este sistema monetario, a partir de 1822, as casas de moeda de Milán e Venecia comezaron a cuñar moedas dun centésimo de lira austríaca, que tiñan tamaños diferentes aos napoleónicos."1 Centesimo - Francis I". Numista.com Estas moedas entraron en circulación baixo un réxime de circulación forzada; por tanto, non era posible convertelas en ouro ou prata e, ademais, os pagamentos entre particulares con esta moeda limitábanse a un cuarto de lira."1 centesimo. Regno Lombardo Veneto ". Numismatica-italiana.lamoneta.it.miniatura|202x202px|1 centesimo, 1926. Reino do Piamonte-Sardeña. Carlos Félix (1821-1831)."1 Centesimo - Carlo Felice". Numista.com

Malia a Restauración e a abolición das reformas napoleónicas, algúns estados italianos continuaron a usar o sistema monetario decimal; entre estes estaba o Reino da Sardeña baixo Vítor Manuel I. No Reino da Sardeña, a cuñaxe de moedas de cobre dun centésimo de lira comezou en 1826 baixo o mando de Carlos Félix; a moeda tiña unhas características diferentes á napoleónica: pesaba 2 gramos e tiña un diámetro de 19 milímetros."1 centesimo. Carlo Felice. 1826". Catalogogigante.it Durante o reinado de Carlos Alberte, entre o 22 de febreiro de 1847 e o 15 de maio de 1848, as moedas de Carlos Félix foron reutilizadas para compensar a falta de moeda pequena, mentres que baixo Vítor Manuel II non se emitiron moedas desta denominación ata a fundación do Reino de Italia."1 centesimo. Carlo Felice ". Numismatica-italiana.lamoneta.it En 1842, cuñáronse moedas dun centésimo para a circulación en Sardeña, que medían 15 mm de diámetro e pesaban 1 gramo, medidas que posteriormente se adoptarían no que se convertería no Reino de Italia."Carlo Alberto di Savoia (1831-1849). 1 centesimo. 1842". Catalogogigante.it"1 centesimo Sardegna ". Numismatica-italiana.lamoneta.it

Ademais do Reino da Sardeña, o Ducado de Parma e Piacenza tamén mantivo o sistema decimal napoleónico e en 1830, durante o reinado de María Luísa de Austria, cuñáronse en Milán 2.029.360 moedas dun centésimo coas mesmas características que as do Reino da Sardeña."1 Centesimo - Maria Luigia". Numista.com"1 centesimo Ducato di Parma e di Piacenza ". Numismatica-italiana.lamoneta.it Esta moeda tamén se cuñou en 1854 coa efixie de Carlos III cunha tiraxe de só 300.000 exemplares, dos cales se supón que se conservan unicamente vinte."1 Centesimo - Carlo III". Numista.com"1 centesimo, Ducato di Parma e di Piacenza, Carlo III ". Numismatica-italiana.lamoneta.it

O Risorgimento Tras a revolución de 1848, o Reino Lombardo-Véneto quedou baixo o dominio dos revolucionarios, e así naceron o goberno provisional de Milán e a República de San Marcos. Logo destes acontecementos, o Reino da Sardeña comezou a primeira guerra de independencia, e os dous gobernos revolucionarios que se acababan de formar substituíron a lira austríaca por unha nova moeda baseada na lira sarda. En concreto, a República de San Marcos, co decreto 565 do 15 de xaneiro de 1849, emitiu unha tiraxe de 2.760.000 moedas dun centésimo da lira vixente na casa da moeda de Venecia, con dimensións diferentes ás de Sardeña; a moeda, aínda que feita de cobre, tiña un diámetro de 18 milímetros e pesaba 1 gramo.Gigante, F. (2013). Páxina 318."1 centesimo Repubblica di San Marco ". Numismatica-italiana.lamoneta.it"Repubblica di San Marco. 1 Centesimo". Numista.com

O Risorgimento cobrou vida cando a insurxente Legación da Romaña entre 1859 e 1860, para evitar seguir usando a moeda papal, comezou a cuñar moedas dun centésimo reutilizando os antigos cuños de Carlos Félix de 1826."1 centesimo, Governo provvisorio di Bologna ". Numismatica-italiana.lamoneta.it"Vittorio Emanuele II di Savoia. Governo delle Regie Province dell'Emilia. 1 centesimo 1826". Catalogogigante.it"1 Centesimo - Carlo Felice Bologna". Numista.com O goberno provisional da Toscana tamén cuñou nova moeda e, así as cousas, en 1860 encargoulle á empresa Ralph Heaton de Birmingham que cuñase novas moedas dun centésimo coa data de 1859, utilizando o formato sardo de 1842."1 centesimo, Governo popolare della Toscana ". Numismatica-italiana.lamoneta.it"Emanuele II di Savoia. Governo della Toscana. 1 centesimo 1859". Catalogogigante.it"1 Centesimo - Victor Emmanuel II Tuscany". Numista.com

Emisións da lira do Reino de Italia

Vítor Manuel II Tras a segunda guerra de independencia e a unión de Lombardía co Reino da Sardeña, que tivo lugar o 10 de novembro de 1859 coa Paz de Zürich, o ministro de finanzas de Vítor Manuel II, Giovanni Battista Oytana, interveu para unificar o sistema monetario italiano e resolver a complexa cuestión do equilibrio das moedas que circulaban nos estados que se foron anexionando gradualmente aos estados sardos."Relazione fatta a S.A.R. dal Ministro di agricoltura, industria e commercio in udienza del 15 dicembre 1860 sul bisogno d'introdurre una nuova monetazione decimale di bronzo". En Collezione celerifera delle leggi, decreti, istruzioni e circolari pubblicate nell'anno 1861. XLI. Turín. 1861. Páxinas 129-132. Xa que logo, co Real decreto 3773, do 20 de novembro de 1859,"N. 3773". En Raccolta degli atti del governo di Sua Maestà il Re di Sardegna. Vol. 28. Stamperia reale, Turín. 1859. Páxinas 2.433-2.436. ordenouse a retirada da circulación das moedas de cobre e bronce anteriores á unificación e a súa substitución por novas moedas de 1, 2 e 5 centésimos que levaban o retrato do rei no anverso coa lenda Vítor Manuel II. A moeda dun centésimo debía ter un diámetro de 15 mm e un peso dun gramo."1 Centesimo - Victor Emmanuel II". Numista.com"Regio decreto Nº 3.773". 20 de novembro de 1859. Ademais, este decreto establecía que as novas moedas debían conter polo menos un 95 % de cobre, aínda que a composición definitiva se estableceu co Decreto 4.473, do 15 de decembro de 1860,"N. 4473". En Raccolta degli atti del governo di Sua Maestà il Re di Sardegna. Vol. 29. Stamperia reale, Turín. 1860. Páxinas 3.395-3.397. que impuxo o uso dunha aliaxe de bronce composta por 960 ‰ de cobre e 40 ‰ de estaño, así como o inicio da cuñaxe de moeda o 1 de xuño de 1861.Balbi de Caro, S. (2013). Verso l'unità d'Italia. Le emissioni dei governi provvisori negli anni 1859-60. Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, Roma. Páxinas 9-10.

Coa proclamación do Reino de Italia, as características das novas moedas de bronce, gravadas por Giuseppe Ferraris, que aínda estaban en proceso de elaboración, modificáronse na lenda do anverso, que consiideraba a Vítor Manuel II como rei de Italia, segundo o establecido no Real decreto 17, do 2 de maio de 1861."Regio decreto n. 17 inserto nella Gazz. uff. il 17 maggio 1861". En Collezione celerifera delle leggi, decreti, istruzioni e circolari pubblicate nell'anno 1861. XLI. Turín. 1861. Páxina 1.220. Adquiriron curso legal o 1 de agosto de 1861,"Regio decreto Nº 114". 17 de xullo de 1861. e ata o 1 de novembro de 1862 operouse cun sistema de dobre circulación coas antigas moedas de cobre."Regio decreto Nº 834". 21 de setembro de 1862. As moedas de bronce podían ser trocadas polo Estado en cantidades ilimitadas, en tanto que para os pagamentos entre particulares non se permitía superar o valor dunha lira."Vittorio Emanuele II di Savoia. Regno d'Italia. 1 centesimo 1861-1867". Catalogogigante.it A cuñaxe de moedas dun centésimo, malia indicar a data de 1861, comezou realmente 1862, e estas foron producidas polas casas de moeda de Milán e de Nápoles; esta úlrima cuñou moitas coa data correcta de 1862. As moedas da ceca napolitana caracterízanse xeralmente por amosar un cuño forte, que por veces fai apreciar a impresión do anverso no reverso. Ademais, o seu peso varía entre 1,02 gramos para as pezas datadas de 1861 e 0,99 gramos para as de 1862. Estas lixeiras diferenzas de peso tamén se poden atopar nas posteriores cuñaxes de Humberto I e Vítor Manuel III.Vittorio Emanuele III (1910). Páxinas 466-467.

Entre as moedas cuñadas en Milán, atopouse unha variante extremadamente rara que presenta un M invertido no canto da marca de ceca habitual. Outras moedas dun centésimo foron cuñadas en 1868 polas cecas de Milán e Turín, aínda que levaban a data de 1867.Gigante, F. (2013). Páxina 105.

Humberto I Coa morte de Vítor Manuel II o 9 de xaneiro de 1878, o seu fillo máis vello, Humberto I, converteuse en rei de Italia. Segundo a Rivista italiana di numismatica de 1891,"Soppressione della zecca di Milano ?". En Rivista italiana di numismatica. Vol. 4. Milán. 1891. Páxinas 410-413. a cuñaxe de moedas dun centésimo coa efixie de Vítor Manuel II continuou durante o reinado de Humberto I; estímase que a ceca de Milán cuñou 23.500.000 moedas dun centésimo datadas en 1867 entre 1883 e 1892, excluíndo os anos 1884 e 1890."1 centesimo del Regno d'Italia, Vittorio Emanuele II ". Numismatica-italiana.lamoneta.it."1 Centesimo - Umberto I". Numista.com