Álvaro Pérez Vázquez, nado en Mondoñedo o 30 de marzo de 1916 e finado en Valencia o 27 de outubro de 1997, foi un futbolista e adestrador galego. Xogaba de defensa central e destacou no Valencia Club de Fútbol, onde xogou once tempadas consecutivas na primeira división, entre 1939 e 1950. Foi convocado nunha ocasión coa selección española, mais non chegou a debutar.
Traxectoria Formou parte do batallón militar da Recuperación de Levante, do bando nacional da guerra civil española, encargado de recuperar pezas de avións caídos e camións avariados para a súa reparación. O batallón tiña un equipo de fútbol que xogou varios partidos na zona de Valencia, e Luis Colina, director deportivo do Valencia CF, fichou varios xogadores do batallón como Mundo, Poli, o tamén galego Waldo Botana e o propio Álvaro.
No Valencia CF marcou época na zaga. Gañou tres ligas, dúas Copas do Xeneralísimo e unha Copa Eva Duarte. Convocárono para un partido da selección española contra Suíza xogado en Mestalla, mais non debutou. Retirouse como xogador no Hércules CF en segunda división.
Adestrou varios equipos españois, como o Granada CF, Levante UD, Hércules CF, Córdoba CF, Real Oviedo ou o equipo da súa vila natal, Mondoñedo.
Equipos
Como xogador ClubEtapaRecuperación de Levante1939Valencia CF1939-1950Hércules CF1950-1953
Como adestrador ClubEtapaGranada CF1955-1957Levante UD1957-1959Hércules CF1959-1960Córdoba CF1960-1961Real Oviedo1961-1962Granada CF1962-1963Levante UD1967-1968Hércules CF1968-1969 AD Hellín1972-1974
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Álvaro , Ciberche Biografía por Andrés García Doural Álvaro, Player History
Categoría:Nados en Mondoñedo
Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados en 1997 Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas da provincia de Lugo Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do Granada CF Categoría:Adestradores do Levante UD Categoría:Adestradores do Hércules CF Categoría:Adestradores do Córdoba CF Categoría:Adestradores do Real Oviedo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes