José Luis Taboada García, nado en Ourense o 5 de marzo de 1918 e finado en Cartelos (Carballedo) o 3 de xaneiro de 2007, foi un médico e político galego.

Traxectoria

Fillo de Carmen García Bóveda e Luis Taboada Zúñiga, dono do pazo de Cartelos, e sobriño de María de la Paz Taboada de Andrés, propietaria do pazo de Tor. Fixo os primeiros estudos no colexio Hermanos Villar de Ourense e rematou o bacharelato no Instituto da cidade en 1936. Formou parte do núcleo fundacional de Falange de Ourense dende fins de 1933. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse como soldado de enxeñeiros ao exército rebelde. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (1939-1945) e foi xefe do Sindicato Español Universitario do distrito universitario de Compostela e subxefe provincial do Moviemiento;El Pueblo Gallego, 1-2-1942, p. 5. rematou a carreira na Universidade de Salamanca en 1946. Exerceu como médico en Galicia de 1947 a 1951. Especializouse en organización hospitalaria, pertenceu á primeira promoción de directores e xerentes de hospitais.

Foi nomeado gobernador civil de Salamanca en setembro de 1951,La Noche, 19-9-1951, p. 3. cesando en marzo de 1961.BOE, 1-3-1961, p. 3177. Procurador en Cortes como conselleiro nacional do Movimiento pola provincia de Ourense (1955-1961). Desempeñou a delegación nacional de Provincias da Secretaría Xeral do Movimiento (1961-1970). Foi presidente do Consello Económico e Social Sindical de Galicia (1962-1977). Conselleiro do Reino pola representación do Consejo Nacional del Movimiento (1967-1970). Nomeado director xeral de Política Interior do Ministerio de Gobernación en xaneiro de 1974, tivo ao seu cargo a dirección e coordinación dos gobernadores civís e o desenvolvemento das operacións Lucero (falecemento de Franco) e Alborada (proclamación de Xoán Carlos I). Foi nomeado presidente do Instituto Social da Mariña en marzo de 1976,El Progreso, 13-3-1976, p. 7. cesando en 1977, e neste ano abandonou a actividade pública. Finou no pazo de Cartelos o 3 de xaneiro de 2007.La Voz de Galicia, 4.1.2007, p. 40

miniatura|esquerda|Pazo de Cartelos.

Recoñecementos Medalla da Vieja Guardia. Medalla de Ouro de Salamanca (1961).El Correo Gallego, 10-2-1961, p. 3. Gran Cruz da Orde de Cisneros (1962). Gran Cruz do Mérito Militar (1962).

Gran Cruz da Orde Civil do Mérito Agrícola (1964).

Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica (1969).

Gran Cruz de Afonso X o Sabio (1973). Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Fundación José Luis Taboada Pazo de Cartelos

Categoría:Falanxistas

Categoría:Médicos de Galicia

Categoría:Gobernadores civís de Salamanca Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2007