Isauro González Prada, nado en Camba (O Castro de Caldelas) o 27 de outubro de 1909, e finado en Gusen o 2 de novembro de 1941, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.

Traxectoria Isauro emigrou a Barcelona antes da guerra civil, en Carrer de Margenet. Exiliouse en Francia, formando parte da 114 Compañía de Traballadores Estranxeiros, creada en decembro de 1939. Esta compañía percorreu moitos lugares da xeografía francesa: Departamentos de Vendée, Moselle, Charente etc. miniatura|Rexistro de Isauro González no campo de concentración de Mauthausen Detivérono os alemáns en xuño de 1940, e foi preso no Frontstalag 140 de Belfort, preto da fronteira con Alemaña e Suíza.

Entrou no campo de Mauthausen o 27 de xaneiro de 1941, co número 5.947, procedente do Stalag XI B de Fallingbostel, onde foi rexistrado como católico, solteiro, de profesión agricultor ou "metalúrxico".

Foi trasladado desde o campo central a Gusen en abril de 1941, co número 11.888. Como causa da morte rexistrouse tuberculose pulmonar. borda|miniatura|Aviso de deceso dirixido á nai de Isauro González

Notas

Véxase tamén Bibliografía Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. p. 403. Deportación. El horror de los campos de concentración. Fédération Nationale des Déportés e Internés Résistants e Patriotes. Barcelona: Editorial Petronio, 1969. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona: Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésias. p. III-1147.

Categoría:Nados en 1909 Categoría:Nados no Castro de Caldelas Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Finados en 1941