Judith Fernández, nada na Coruña o 2 de abril de 2001, é unha actriz galega coñecida polos seus papeis en series como Santo, Apagón, El caso Asunta, Entrepeneurs ou Las hijas de la Criada e películas como La Casa entre los Cactus, Matusalem ou Rondallas.

Biografía Judith Fernández naceu o 2 de abril de 2001 na Coruña, na comunidade de Galicia (España), pasou a súa infancia en Edimburgo (Escocia) debido a que o seu pai David Fernández Miramontes xogaba na liga Escocesa. Por iso ademais de español e galego, é bilingüe en inglés.

Traxectoria Judith, aínda que naceu na Coruña, aos poucos días trasladouse a vivir a Edimburgo onde permaneceu até os 10 anos. De regreso a Galicia compaxinou os seus estudos co teatro na Compañía El Ruiseñor. Máis tarde comezou a actuar nas obras Hansel, Electra de Euripedes e Jesus Christ Superstar, todas dirixidas por Susana Crespo.

En 2016, con catorce anos, foi elixida para interpretar o papel da protagonista Iria na serie o No ano 2019 trasládase a Madrid para estudar nO Centro do Actor. Estudos que complementaría máis tarde no Royal Academy of Dramatic Art de Londres.

En 2019 tivo un papel na película Dolorosa Gioia dirixida por Gonzalo López. En 2021 foi elixida por TVE para interpretar o papel de Azucena Quiñonero Rubio na sétima tempada da telenovela emitida na TVE 1 Acacias 38. No mesmo ano, participou no vídeo musical Triángulo Inverso. En 2022 protagonizou a segunda tempada da serie La unidad.

En 2022 interpretou o papel de Lis na película ALa casa entre los cactus dirixida por Carlota González-Adrio. No mesmo ano protagonizou a serie Santo (no papel de Lucía Millán) e Apagón (no papel de Sara).

Durante os anos 2023 e 2024 participa nas series Mia es la venganza, como Vanesa Muñoz e El caso Asunta, onde interpreta a Alba Domínguez. No ano 2024 tamén protagoniza Matusalem, acompañada dunha gran repartición bordan unha das películas máis refrescantes e novas do ano.

O ano 2025 é un ano de moita intensidade, traballa en dúas series, Entrepeneurs en clave de comedia negra, e Las hijas de la criada, baseada na novela homónima gañadora do Premio Planeta de Sonsoles Ónega. Compaxina as series co seu papel protagonista na longametraxe Rondallas que se estreou no 73 Festival de Cine de San Sebastián.

Foi proposta na categoría de actriz revelación para a 40ª edición dos Premios Goya pola súa actuación protagonista en Rondallas.

Filmografía

Cine AnoTítuloPersonaxeDirector2022La casa entre ols cactusLisCarlota González-Adrio2024MatusalénElviraDavid Galán Galindo2025RondallasAndreaDaniel Sánchez Arévalo

Televisión AnoTítuloPersonaxeNotas2016AugasquentesIria14 episodios2021Acacias 38Azucena Quiñonero Rubio80 episodios2022La unidadJudith1 episodioSantoLucía Millán8 episodiosApagónSara1 episodio2023Mía es la venganzaVanessa Muñoz59 episodios2024El caso AsuntaAlba Domínguez3 episodios2025EntrepreneursElena10 episodios2025Las hijas de la criadaClara8 episodios

Vídeos musicais TítuloAutor2021Triángulo inverso

Teatro TítuloAutorHanselSusana CrespoElectra de euripedesJesus Christ Superstar

Notas

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 2001 Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de Galicia