Miguel Ángel Leal Díaz, máis coñecido como Migue Leal, nado en Vila-real o 1 de febreiro de 1998, é un futbolista valenciano que xoga na posición de lateral dereito. O seu equipo actual é o Racing Club de Ferrol da Primeira Federación.

Traxectoria Con cinco anos de idade ingresou na estrutura de base do Villarreal Club de Fútbol. O 9 de maio de 2015 debutou co Villarreal C nun partido de Terceira División ante o Atlético Levante. Tras varios anos como titular habitual no Villarreal C, o 14 de agosto de 2018 foi cedido ao Real Murcia da Segunda División B. Terminou o contrato temporal en xaneiro de 2019 e foi asignado ao Villarreal B, tamén na terceira categoría.

O 18 de decembro de 1019, Migue Leal debutou co primeiro equipo do Villarreal nun partido da Copa do Rei 2019-20 contra o Comillas CF. O 19 de setembro de 2020 foi cedido ao FC Groningen da Eredivisie. Debutou o 25 de setembro dese mesmo ano na máxima categoría neerlandesa, entrando como substituto de Bart van Hintum nun partido contra o FC Twente.

En xullo de 2021 regresou ao Villarreal B na Primeira Federación. Foi titular habitual no equipo e contribuíu ao seu ascenso á Segunda División. O 3 de setembro de 2022 anotou o seu primeiro gol profesional nun partido contra o Mirandés. O 14 de xuño de 2023 abandonou o Villarreal tras dúas décadas vencellado ao club.

O 15 de xuño de 2023 fichou polo FC Andorra na Segunda División. O 5 de xaneiro de 2025, tras seis meses sen equipo, Leal asinou un contrato de seis meses co Gimnàstic de Tarragona na Primeira Federación. O 27 de xuño de 2025 pasou a formar parte do Racing Club de Ferrol na mesma categoría.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Migue Leal en BDFutbol Migue Leal en LaPreferente.com Migue Leal en Soccerway

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Vila-real Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Xogadores do Villarreal CF C Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do FC Groningen Categoría:Xogadores do FC Andorra Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Defensas de fútbol