Champi Muros, alcume de Santiago Caamaño Martínez, nado en Muros en 1993, é un creador de contidos e influencer galego coñecido polas súas publicacións humorísticas en plataformas de redes sociais, especialmente Instagram e TikTok.
Traxectoria Muros comezou ao redor de 2014 a facer contidos humorísticos en vídeo de forma case informal, mais co paso do tempo foi construíndo en Instagram e TikTok un estilo onde combina parodias e crítical social. Ao principio comezou a facer vídeos en galego pero pasou ao castelán, como el explica, para conseguir maior audiencia. Esta popularización, con contidos en castelán, produciuse a partir de 2023, coincidindo con contratar o coruñés Rodri Álvarez como representante. Gran parte dos seus contidos son reaccións a vídeos doutras persoas, a crítica costumista e sobre asuntos do día a día.
Segundo a web do seu representante, en xaneiro de 2026 tiña máis de 802.000 seareiros.
Ademais das súas publicacións nas redes, Champi Muros é autor do libro La vida no es un juego (Samarcanda, 2025), onde fala da súa adicción ao xogo e ás apostas, ás que estivo enganchado entre 2007 e 2015.
Notas
Categoría:Nados en Muros Categoría:Personalidades de TikTok de Galicia Categoría:Nados en 1993 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes