Francisco José de Lacambra Estany, nado en Barcelona en 1923 e finado na mesma cidade o 22 de agosto de 1983, foi un dirixente deportivo e numismático catalán.

Traxectoria Lacambra foi un dos membros fundadores e o primeiro presidente da Federación Catalá de Salvamento e Socorrismo (1962), e en 1967 asumiu o cargo de vicepresidente da Federación Española. En 1971 creou o primeiro campionato español escolar, e o seu labor resultou fundamental no éxito do equipo español nos campionatos do mundo de 1969, 1972 e 1974 desa modalidade. Ademais, en 1974 presidiu o comité organizador do Campionato Mundial de Rescate Acuático en Barcelona,"Campionat del Món de Tetratló i Salvament Aquàtic". . Páxinas 103-104. e no mesmo ano recibiu a medalla de ouro da federación española, ao mérito deportivo.Enciclopèdia de l'Esport Català. Enciclopèdia Catalana, Barcelona. 2012.

No ámbito do fútbol, Lacambra formou parte do consello de administración do Reial Club Deportiu Espanyol e do Fútbol Club Barcelona, e foi vicepresidente do Real Club de Polo, de Barcelona.

Á marxe da súa dedicación ao deporte, foi tamén un gran afeccionado á numismática e un destacado coleccionista de selos de temática deportiva. Entre os anos 1975 e 1982 desempeñou o cargo de presidente da Asociación Numismática Española, con sede en Barcelona,Gallen Utset, C. (2013). e a partir dese hano foi presidente de honra da entidade.Pellicer i Bru, J.; Casas Plá, J. (2005). ANE 50 aniversario 1955 - 2005. Asociación Numismática Española. DL: B-9713-2005

Francisco José Lacambra Estany finou en Barcelona o 22 de agosto de 1983.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Enciclopèdia de l'Esport Català. Enciclopèdia Catalana, Barcelona. 2012. Gallen Utset, C. (2013). Les Federacions Esportives catalanes i els seus presidents. UFEC, Barcelona.

Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Numismáticos de Cataluña Categoría:Directivos deportivos Categoría:Personalidades da filatelia Categoría:Personalidades sen imaxes