Nuevo Tiempo Perú é unha emisora de radio peruana relixiosa adventista sen fins de lucro da Igrexa Adventista do Sétimo Día, que transmite as 24 horas do día.

Historia Radio Nuevo Tiempo Perú chegou a Perú no ano 2005 na frecuencia 1380 AM en Lima.

En 2006 mercou frecuencias FM en Piura e Arequipa

En 2007 mercou frecuencias en Chiclayo, Pucallpa, Bagua e Trujillo.

En 2008 mercou frecuencias en Cajamarca, Celendin, Huancayo, Huarmey, Ilo e Iquitos.

En 2009 mercou frecuencias en Juanjui, Juliaca, Moquegua e Nueva Cajamarca. O mesmo ano ingresou como un bloque de 4 horas diario na desaparecida Radio Fiesta 105.5 FM de Lima ata 2020 que desapareceu a emisora.

En 2010 mercou frecuencias en Tacna e Tarapoto.

En marzo do 2022, mercou unha frecuencia en Puerto Inca na provincia de Huánuco. En xullo, iniciaron unha campaña chamada '¡Es ahora!' onde buscaban recadar cartos para mercar unha frecuencia FM en Lima na cal pedían colecta nas igrexas da súa relixión, tamén transferencias bancarias dos seus seguidores para así poder adquirir unha radio para transmitir en todo Lima e Callao.

O 2 de novembro do 2022, adquiriu as frecuencias 880 AM e 103.3 FM en Lima de Radio Unión por 6 millóns de dólares sendo o reemplazo de dita radio e converténdose así na primeira radio relixiosa en FM con transmisión en todo Lima Metropolitana. Logo dalgunhas semanas transmitindo en simultáneo nos 1380 e 880, deixou de emitir en AM en Lima quedando só coa sinal FM.

En 2023 mercou unha frecuencia en Huacho.

O 14 de decembro de 2024 volveu emitir na frecuencia 880 AM na capital peruana.

Frecuencias

FM

AM

Huancayo - 1600 Juliaca - 780 Lima - 880 Pucallpa - 1120

Anteriores

Lima - 1380 AM

Notas

Categoría:Emisoras de radio Categoría:Empresas do Perú