miniatura|280x280px|Bartra na 40.ª Feira do Libro Ricardo Palma (2019). Aldo Giomar Bartra García (Trujillo, 28 de xaneiro de 1981) é un youtubeiro, comunicador social, divulgador científico e escritor peruano naturalizado neozelandés. Posee as canles de YouTube El Robot de Platón, El Robot de Platón Pregunta, El Robot de Linneo e Noticias Robotitus.
Traxectoria Aldo Bartra ingresou á Universidad Nacional de Trujillo para estudar a carreira de enxeñaría. Porén, por motivos familiares tivo que viaxar de Trujillo a Lima. Xa na capital, ingresou á Universidad de San Martín de Porres onde estudou ciencias da comunicación entre o ano 2000 e o 2005. Aí decidiu enfocarse na divulgación científica e descubriu a súa afección pola literatura.
Anos despois, mudouse a Nova Zelandia coa súa actual esposa e comezou facer vídeos curtos na súa primeira canle de YouTube, El Robot de Platón, creada o 21 de decembro de 2013.
A súa principal inspiración foi Carl Sagan, pois o seu programa Cosmos atróuxoo dende neno ó mundo da ciencia e a ensinanza.
El Robot de Platón, a súa canle principal, é unha das canles de ciencia máis importantes a nivel Hispanoamérica con máis de 3 millóns de suscritores, en 2023. El Robot de Linneo (antes chamado 'El Robot de Colón'), a súa segunda canle, está enfocada na natureza e os animais.
En 2017 creou a súa páxina web Robotitus, unha web de noticias científicas que ten a súa versión en YouTube.
En 2022 a revista Forbes Perú fixo mención del e o seu traballo na lista “Los 50 más creativos de Perú 2022”, recoñecendo os seus logros na industria cultural de Perú.
O ano 2024 estivo marcado por importantes recoñecementos ó seu traballo como creador de contido. Los Claro Luminy Awards, un evento que condecora a creadores de contido peruanos para expoñer o seu talento cara a un público máis grande, premiou a El Robot de Platón como mellor contido cultural do ano. No marco do APEC Perú 2024, YouTube destacou a súa canle El Robot de Platón e a súa labor como divulgador de contido educativo. Ademais, a revista Forbes incluiuno no listado de "Top Creators 2024" destacados por Forbes en Latinoamérica.
Na novena edición do Lima Web Fest, ano 2025, Aldo Bartra gañou o premio a Mellor Contido Cultural, na categoría de Creadores de Contido Dixital. O evento contou co auspicio do Ministerio de Cultura de Perú.
Obras
Sabor cósmico (y otras ficciones) (2017). Editorial Burnli. Guía del internauta (2019). Editorial Martínez Roca. El Robot de Platón - Mitos espaciales (2023). Editorial Martínez Roca. Preguntas que no te dejan dormir - La ciencia explicada para mentes curiosas (2025). Editorial Debate
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web de Robotitus. O Robot de Platón en Facebook. Aldo Bartra en Instagram. Aldo Bartra en Twitter. Categoría:Alumnos da Universidade de San Martiño de Porres Categoría:Escritores do Perú Categoría:Nados en 1981