VNREDSat 1a (Vietnam Natural Resources, Environment and Disaster Monitoring Satellite) foi un satélite artificial de Vietnam lanzada o 7 de maio de 2013 mediante un foguete Vega desde o Centro Espacial de Kourou para estudar a superficie terrestre.
Características VNREDSat 1a foi construído por Astrium por 55,2 millóns de euros para a Academia de Ciencias e Tecnoloxía de Vietnam na súa iniciativa para desenvolver unha infraestrutura gobernamental adicada a monitoriar e estudar os efectos do cambio climático, predicir e tomar medidas ante situacións de desastres naturais e xestionar e optimizar os recursos naturais do país, sendo ademais unha plataforma coa que adquirir experiencia no sector da enxeñaría espacil. O satélite ten un sistema óptico cunha resolución de 2,5 m en modo pancromático e 10 m en modo multiespectral.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Vega (foguete)
Categoría:Satélites artificiais