Lidia Mariño Ventoso, nada na Silva (Goiáns, O Porto do Son) en 1984, é unha antropóloga, fisioterapeuta e escritora galega.

Traxectoria

Diplomada en fisioterapia pola Universidade de Vigo e graduada en Antropoloxía social e cultural na UNED, con cursos de Mitoloxía, Crenzas e costumes, Rituais, Antropoloxía e arte.

Foi a condutora dos capítulos do proxecto de Orgullo Galego Martiño de Dumio: A espiritualidade popular no Reino da Galiza, impulsado por Borxa González Castro.

Ten investigado moito sobre a Vella, ser mítico galego, foi quen creou o mundo, colocou as pedras da paisaxe, creou o clima, o arco da Vella fai referencia a ela. Ten colaborado en Historia de Galicia, Revista de folclore, Revista Dixital de Investigación SAGA, Liburna. Revista Internacional de Humanidades, Actas das XIV Xornadas de Literatura de Tradición Oral, Anuario de Antropoloxía e Historia de Galicia "Fol de Veleno", Xornadas sobre o Entroido de Galicia, Revista Entroido en Galicia.

Colaboradora do programa Quen anda aí? da TVG.

Obras Mitos e Ritos do Tempo de Defuntos (2024). 54 páxs. ISBN 979-8341404809.

Levantar a paletilla caída. Medicina integrada na tradicción galega (2025). Dr. Alveiros (Urco Ed.)-Fundación Vicente Risco. ISBN 978-84-129300-7-8.

Lingua castelá La verdad del bufón (2012). Ed. Atlantis. Novela.

Notas

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Antropólogos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Fisioterapia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo