Eden é un filme estadounidense de 2024 dirixido por Ron Howard e escrito por Noah Pink, cuxo guión está baseado nunha historia orixinal dos dous. Está protagonizado por Jude Law, Ana de Armas, Vanessa Kirby, Sydney Sweeney, Daniel Brühl, Felix Kammerer, Toby Wallace e Richard Roxburgh. O filme baséase na historia real de varios colonos europeos, entre eles Margret Wittmer, que chegaron á illa Floreana, nas illas Galápagos, Ecuador, antes da segunda guerra mundial, coa esperanza de comezar unha nova vida alí.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 7 de setembro de 2024, e estreouse nos cinemas de Alemaña o 3 de abril de 2025, a través de Leonine, e nos dos Estados Unidos a través de Vertical o 22 de agosto de 2025. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica

Notas

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ron Howard Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes de Imagine Entertainment Categoría:Filmes ambientados en 1929 Categoría:Filmes sobre asasinatos