Samio (en latín Samius ou Samus, en grego antigo Σάμιος, Σάμος) foi un poeta lírico e epigramático grego natural de Macedonia e criouse con Filipo V de Macedonia. Filipo condenouno a morte por razóns descoñecidas. Traxectoria Estivo no seu apoxeo a finais do século -III e Polibio conservou algúns versos iámbicos escritos por el, e tamén hai dous epigramas seus na Antoloxía grega. Os dous epigramas refírense á caza dun touro salvaxe por parte do rei Filipo nos montes Orbelos, un tema sobre o que o poeta Antípatro de Sidón tamén ten un epigramaSamius en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 702..
Notas
categoría:Nados no século -III Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Poetas Categoría:Finados no século -III