Joaquín Pérez Garre, nado en Murcia o 23 de outubro de 1902, foi un mestre e político español.

Traxectoria Naceu na provincia de Murcia o 23 de outubro de 1902.El Magisterio Español, 4-8-1934, p. 11. Mestre de Vilaboa (Valdoviño) dende 1935.Gaceta de Madrid, 19-7-1935, p. 712. Militante de Izquierda Republicana. Logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado vogal da xestora municipal de Valdoviño presidida por Frutos Burgos Ramos. Cando acontece o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba de vacacións en Cartaxena. Foi suspendido de emprego e soldo en agosto.El Ideal Gallego, 26-8-1936, p. 3.BOP A Coruña, 27-8-1936, p. 1. Empezou a traballar como mestre na provincia de Murcia en 1936.Gaceta de la República, 6-3-1938, p. 1204. Mentres, en setembro ratificouse a súa suspensión por un período de seis meses.BOP A Coruña, 9-9-1936, p. 2. Foi reposto provisionalmente como mestre da escola de Vilaboa en decembro de 1938.El Compostelano,15-12-1938, p. 1. Como consecuencia do proceso de depuración foi separado do servizo e baixa na escala en setembro de 1940.El Compostelano, 30-9-1940, p. 2. Foi propietario do cine Grej en Torre-Pacheco dende 1948.Anuario del cine español. 1956

Recoñecementos

O 25 de xuño de 2005 os veciños de Pantín colocaron na escola unitaria unha placa de homenaxe aos mestres represaliados en 1936 Frutos Burgos Ramos, Reinaldo Sarria Delgado, José Ambrós Gordillo, Manuel López González e Joaquín Pérez Garre."Memoria de un hombre bueno", La Voz de Galicia, Ferrol, 24-6-2005, p. 12. Vida persoal

Casou con Felicitas Pérez Baños en 1946.El Noticiero de Cartagena, 29-11-1946, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Profesores de España Categoría:Concelleiros de Valdoviño Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Rexión de Murcia Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en ano descoñecido