Felix O. Schlag, nado en Frankfurt o 4 de setembro de 1891 e finado en Owosso, Míchigan, o 9 de marzo de 1974, foi un escultor, deseñador e gravador de moedas estadounidense de orixe alemá.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Felix Schlag naceu o 4 de setembro de 1891 en Frankfurt,"Felix Oscar Schlag". Findagrave.comSmith, P. (2025). estado alemán de Hessen, fillo de Teresa e de Karl Schlag,"Information about Felix Schlag". Onlinecoin.club de quen aprendeu os rudimentos da escultura."Felix Schlag. ANA 53463". En The Numismatist. Vol. 87. Nº 5. Maio. Páxina 885."Felix Schlag. US Coin Designer and Engraver". Usacoinbook.com

Na súa xuventude cursou estudos artísticos na Academia de Belas Artes de Múnic. Logo serviu no exército alemán durante a primeira guerra mundial, e resultou ferido en combate.

Finalizada a guerra, tivo as súas primeiras experiencias como medallista en Alemaña.

Carreira artística En 1929 trasladouse aos Estados Unidos, xunto coa súa familia, e alí acadou emprego na compañía General Motors, como deseñador de automóbiles cásicos. Na década de 1930 trasladouse a Chicago, Illinois, onde recibiu varias encargas de monumentos públicos do estado, varias delas para oficinas de correos, como as de White Hall, e tamén para escolas de Champaign e de Bloom Township.

Deseñado conxuntamente con Arthur Graham Carey.Schlag foi un dos 400 participantes no certame convocado polo Departamento do Tesouro para os deseños dunha nova moeda de 5 centavos, que debería amosar o busto de Jefferson no seu anverso e a súa residencia en Virxinia no reverso. En abril de 1938, a daquela directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Nellie Tayloe Ross, escolleu os deseños presentados por Schlag, o que lle reportou un premio de 1.000 dólares, así como a honra de ser o creador da popular moeda de 5 centavos Jefferson, que se mantivo en circulación desde 1938 a 2004."Felix Schlag". Numista.com As súas inciais, FS, locen sobre o abrigo de Jefferson desde a emisión de 1966.

No mesmo 1938, Schlag acadou a cidadanía estadounidense. Durante a segunda guerra mundial trasladou a súa residencia a Owosso, en Míchigan, onde a partir de 1943 rexentou un estudio de fotografía, ata a súa xubilación en 1962.

Vida persoal Schlag estivo casado con Ethel Minnie Levin (1906-1994), con quen tivo un fillo chamado Leonhard Leo (1921-1945).

Felix Schlag finou no Memorial Hospital de Owosso o 9 de marzo de 1974 aos 82 anos."Felix Schlag, 82, sculptor, is dead". En The New York Times. 10 de marzo de 1974. Foi soterrado no cemiterio Oak Hill desa cidade.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

"Felix Schlag. ANA 53463". En The Numismatist. Vol. 87. Nº 5. Maio. Páxina 885. Smith, P. (2025). "Schlag, Felix (Oscar)". En American Numismatic Biographies. Páxina 382.

Ligazóns externas

Sitio web sobre Felix Schlag

Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Nados en Frankfurt Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Personalidades sen imaxes