miniatura|Neno co traxe de tinku no Entroido de Oruro. O Tinku é un ritual e unha danza folclórica de Bolivia, practicado nalgunhas vilas do norte do departamento de Potosí e do sur do departamento de Oruro. A palabra "Tinku", de orixe quechua, quere dicir "encontro", mentres que en aimará significa "ataque físico".https://web.archive.org/web/20110713232541/http://www.lossambos.com/dances/PDFs/Tinku-English.pdf É preciso salientar que non debe confundirse a "Danza do Tinku", creada no século XX, co "Ritual cerimonial do Tinku", cuxa orixe é preincaica.
Ritual cerimonial do Tinku O Tinku é un ritual preincaico pero con mestura da relixión cristiá que se practica anualmente durante varios días en comunidades da rexión do norte do departamento de Potosí e no sur do departamento de Oruro. Máis propiamente vívese cada ano o primeiro fin de semana de maio, a Festa da Cruz en Macha e Pocoata, provincia de Chayanta, a 165 quilómetros da cidade de Potosí que recibe a 62 comunidades que se medirán a golpes no Tinku. O Tinku é orixinario da rexión na que habitan os laymes, os jukumanis, e os Pampas.
É practicado como un rito cerimonial mesturándose co costume, filosofía e relixión dos pobos orixinarios para a súa devoción mística. Dentro do Tinku tamén hai música e danza (as comunidades adoitan entrar en marcha tocando os ritmos de Jula-Jula e o zapateo ao ritmo das tonadas).
Así o Tinku significa pelexa en conxunto entre as comunidades, xunto co sacrificio do derramamento de sangue, se cadra simbolicamente traendo fertilidade á terra resultando nunha boa colleita e en ningún momento baséase en ver que comunidade ou ayllu é máis forte ca a outra.
Danza do Tinku alt=Bailarinas_de_tinku_2|miniatura|Bailarinas de tinku durante o Entroido de Oruro. O baile do Tinku é unha danza folclórica que é unha expresión artística do Tinku. Nace da representación do ritual cerimonial do Tinku levado a cabo nas comunidades do norte do departamento de Potosí e sur do departamento de Oruro.
Báilase Tinku en acontecementos e festividades en Bolivia, como o Entroido de Oruro, a festa do Gran Poder, festa de Ch'utillos, etc. como danza representativa destas rexións e ultimamente noutros países onde hai inmigrantes bolivianos. Na cidade de Buenos Aires, na Arxentina, a colectividade boliviana organiza celebracións como a Festa da Virxe de Copacabana, Urkupiña e entradas folclóricas, onde se realizan a danza do Tinku.
A música do Tinku é parte do repertorio de varios grupos musicais como Los Kjarkas, Kala Marka ou llajtaymanta.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Arnold, Denise. López, Ricardo. Jukumarinti sawurinti: El soso-guerrero y la tejedora. Un repertorio literario de lo masculino y lo femenino en los Andes. Universidad Católica Boliviana. Revista número 9 - junio. La Paz, 2001. Arrueta H., Walter. El Tinku. En: Anales de la Reunión anual de etnología. Museo nacional de etnografía y folklore. MUSEF, La Paz, 1987. Arzáns de Orsúa y Vela, Bartolomé. Relatos de la Villa Imperial de Potosí. Selección, introducción y cronología de Leonardo García Pabón. Plural. La Paz, 2000. Baumann, Max Peter. Julajulas – ein bolivianisches Panflötenspiel und seine Musiker. In: Studia instrumentorum musicae popularis. Band 7, Musikhistoriska Museet, Stockholm, 1981. Baumann, Max Peter. Tinku – zur Fiesta der Begegnung in der Dynamik von Ordnung und Chaos. En: ¡Atención!, Jahrbuch des Österreichischen Lateinamerika-Instituts. Band. 2: Von der realen Magie zum Magischen Realismus. Weltbild und Gesellschaft in Lateinamerika. Hrsg.: Mader, Elke. Dabringer, Maria. Frankfurt, 1999. Corso Cruz, Cristóbal. Calendario folklórico y religioso de Potosí. En: Anales de la Reunión anual de etnología. Museo nacional de etnografía y folklore. MUSEF, La Paz, 1990. Fernández Juárez, Gerardo. Tinku y Taypi: Dos recursos culinarios pertinentes en las ofrendas aymaras a la Pachamama. En: ANTHROPOLOGICA. 11. Jahrgang, Nr. 11. Pontificia Universidad Católica del Perú. Departamento de Ciencias Sociales. Lima, 1994. Flores Aguanta, Willer. Calendario de fiestas tradicionales en los ayllus de la Provincia Bustillo. In: Reunión anual de Etnología 1993. Band 2, Serie Anales de la Reunión Anual de Etnología. MUSEF, La Paz, 1994. Flores Aguanta, Willer. Chullpas en el siglo XXI. (Resumen histórico del ayllu Chullpa). En: Anales de la Reunión anual de etnología. Museo nacional de etnografía y folklore. MUSEF, La Paz, 2001. Flores, Willer. López, Jaime. Plicque, Katherine. Lliqllas chayantaka. Textiles en el Norte de Potosí. En: Anales de la Reunión anual de etnología. Museo nacional de etnografía y folklore. MUSEF, La Paz. Márquez Contreras, Juan Carlos. Vargas Mercado, Oscar Pablo. Tinku: Espacio de encuentro y desencuentro. En: Anales de la Reunión Anual de Etnología, MUSEF, La Paz, 2005. Mendizábal Nuñez, René et al. El Tinku en Macha: Violencia ritual y violencia represiva. Cuadernos de investigación 5. CEPA, Oruro, 1996. Ordóñez Oporto, Luis et al. Primer Simposio Nacional Sobre Revalorización Cultural del Tinku. La Paz, Prod. CIMA, um 2003. Platt, Tristan. Conciencia andina y conciencia proletaria. Qhuyaruna y ayllu en el norte de Potosí. En: HISLA. Revista Latinoamericana de Historia Económica y Social. Band 2. Hrsg.: Bonilla, Heraclio. Pontificia Universidad Católica del Perú. Instituto de Estudios Peruanos, Lima, 1983. Platt, Tristan. Los Guerreros de Cristo. Cofradías, misa solar, y guerra regenerativa en una doctrina Macha (siglos XVIII-XX). ASUR y Plural editores, La Paz, 1996. Platt, Tristan. , Vol. 25, No. 1. (Feb., 1993), pp. 159-185. Sikkink, Lynn. Water and Exchange: The Ritual of "yaku cambio" as Communal and Competitive Encounter. In: American Ethnologist, Vol. 24, No. 1. (Feb., 1997), pp. 170-189. Stobart, Henry. Primeros datos sobre la música campesina del Norte de Potosí. En: Anales de la Reunión anual de etnología. Museo nacional de etnografía y folklore. MUSEF, La Paz, 1987. Stobart, Henry. The Llama's Flute: Musical Misunderstandings in the Andes. En: Early Music from Around the World, Vol. 24, No. 3 (Aug., 1996), pp. 470-482. Stobart, Henry. Cross, Ian. The Andean Anacrusis? Rhythmic Structure and Perception in Easter Songs of Northern Potosí, Bolivia. En: British Journal of Ethnomusicology, Vol. 9, No. 2. (2000), pp. 63-92. Stobart, Henry. Flourishing Horns and Enchanted Tubers: Music and Potatoes in Highland Bolivia. En: British Journal of Ethnomusicology, Vol. 3. (1994), pp. 35-48. Urrea Bustamante, Fernanda. El tinku como fenómeno y sus manifestaciones duales-antagónicas: Representación y continuidad simbólica del dualismo andino. Diplomarbeit. Pontificia Universidad Católica de Valparaíso. Facultad de Filosofía y Educación. Instituto de Música. Valparaíso, 2004. Valeriano T´ula, Emmo. Tinku. Patrimonio Cultural del altiplano central. En: Anales de la Reunión anual de etnología. Museo nacional de etnografía y folklore. MUSEF, La Paz, 2003 Valeriano Thola, Emmo Emigdio. Música y danza de Julajula en Venta y Media. En: Anales de la Reunión anual de etnología. Museo nacional de etnografía y folklore. MUSEF, La Paz
Categoría:Cultura de Bolivia