A igrexa de Santo André de Proente é o templo parroquial de Proente (A Merca), dedicado ao apóstolo André. Características O edificio actual é resultado de diferentes fases construtivas ao longo de varios séculos. A parte máis antiga conservada corresponde á capela maior, cuxa edificación se remonta aos séculos XVI e XVII. A capela está cuberta cunha bóveda estrelada, cuxos nervios descansan sobre ménsulas decoradas con relevos de rostros humanos. A nave principal, do século XVIII, ten cuberta de madeira. Na fachada hai unha inscrición relativa á ampliación da nave, co texto «».
No interior hai un retablo maior xa mencionado no século XVIII.
Notas
Categoría:Igrexas da provincia de Ourense Categoría:A Merca