Guayre é un nome propio masculino de orixe guanche, tradicional das Illas Canarias.
En xaneiro de 2025 existían 145 varóns en España co nome Guayre, cunha media de idade de 12,6 anos.Nome Guayre na Web do Instituto Nacional de Estatística
Orixe e significado miniatura|Escultura do guayre Adargoma, obra de Manolo González Muñoz, na praza de Santa Isabel (As Palmas de Gran Canaria). O nome Guayre procede da lingua dos guanches, pobo aborixe das Canarias antes da conquista castelá no século XV. O termo guayre (tamén escrito guaire ou gayre) designaba un capitán, nobre ou xefe tribal da sociedade aborixe en Gran Canaria antes da conquista.
Guayre é un exemplo da recuperación e revalorización da onomástica guanche que tivo lugar a partir do século XX, cando moitas familias canarias comezaron a escoller nomes de orixe prehispánica como sinal de identidade cultural.
Persoas coñecidas Antonio Guayre (1980-), futbolista canario.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Guanches Illas Canarias
Categoría:Nomes masculinos guanches