miniatura|350x350px|Carta de baralla utilizada como moeda (1714), empregada na colonia do Canadá en tempos de escaseza de moeda metálica (Museo do Banco de Canadá). A moeda de carta é un tipo de diñeiro fiduciario de necesidade impreso en cartón liso e en cartas da baralla, que se utilizou nalgúns momentos para a actividade comercial en varios países e territorios coloniais, como o Canadá, a Guiana Neerlandesa, Nova Francia, a Luisiana Francesa e a propia Francia metropolitana, desde o século XVII ata principios do século XIX.Breton, P. N. (1894). "

Nos lugares onde se introduciu, adoita ir seguida de altas taxas de inflación. Este instrumento financeiro considérase o primeiro intento de moeda fiduciaria en Francia e en América do Norte.Eccles, W. J. (1969). "Meulles, Jacques de". En Dictionaire biographique du Canada. Vol. II (1701-1740). Université Laval/University of Toronto (Biographi.ca).

Orixes Na Nova Francia, a finais do século XVII, deuse unha grave escaseza de moedas, sinaladamente no inverno, xa que os barcos non podían navegar polo río San Lourenzo por mor do espeso xeo, o que impedía o abastecemento de mercadorías.Atherton, W. H. (1914). Páxina 276. Malia esta situación, en 1674, o rei francés ordenou que todas as contas, as compras e diversos pagamentos nas súas colonias se saldasen en efectivo. E para empeorar as cousas, en 1684 enviou soldados a aqueles territorios e ordenou que se lles proporcionase dotación e mantemento, aínda que non proveu fondos para sufragar estas operacións. Nesta conxuntura, Jacques de Meulles, intendente de xustiza, policía e finanzas no Canadá, en Acadia, en Terranova e noutros territorios franceses, ao non dispor de fondos para lles pagar nin aos funcionarios coloniais nin ás tropas, decidiu en xuño de 1685 emitir un novo tipo de billete de crédito."L’étrange destin de la monnaie de carte en Nouvelle-France". Radio canada (ici.radio-canada.ca). 23 de novembro de 2022.Lerquet, I. "Le monnayage colonial français". Lesnumismates.ca"Origines de la monnaie de carte". En Numibec. La numismatique au Québec. Vol. 7. Nº 5. Febreiro de 2020. Páxinas 32-33.

Naquel tempo aínda non existía imprenta ningunha na colonia e, por outra banda, como poucos habitantes sabían escribir, o papel tampouco abundaba. Pero durante as longas noites de inverno, os xogos de cartas eran o pasatempo favorito da poboación e, como resultado, había unha provisión considerable de barallas.Zay, E. (1889).

Ante esa escaseza de papel, Jacques de Meulles requisou as cartas de xogo da colonia e, engadíndolles o seu selo e a súa sinatura, emitiu­nas dotándoas de diversos valores faciais como moeda ou diñeiro en efectivo. Mediante unha orde, estas cartas foron recoñecidas como medio legal de pagamento, e os comerciantes foron obrigados a aceptalas.Masse, M. (2006). De Meulles escribiu desde a cidade de Quebec, o 24 de setembro de 1685, ao ministro secretario de Estado do Departamento da Mariña:

Así apareceu o diñeiro de carta, cinco anos antes de que se emitise o primeiro papel moeda de América do Norte en Massachusetts.

O historiador William John Eccles escribiu que "é a el [a De Meulles] a quen lle debemos o mérito de idear un sistema enxeñoso: a introdución do diñeiro de carta, a primeira moeda de papel en Norteamérica".

Funcionamento miniatura|Moeda de carta de 12 libras (ca. 1735) emitida sobre cartón branco liso. Segundo William Henry Atherton, "de Meulles empregará cartas de xogar ordinarias, enteiras ou cortadas pola metade ou en cuartos, co termo bon (en galego "bono" ou "vale") inserido en cada unha, para un determinado importe, asinadas e seladas en cera coa súa propia man e asinadas por atrás polo intendente no momento da súa emisión".

A primeira valoración foi, por exemplo, catro libras por unha carta enteira; media carta valía dúas libras, e un cuarto de carta valía quince soldos.

George Heriot, xefe de Correos da América Británica, na súa obra de 1807 titulada Travels Through the CanadasHeriot, G. (1807). Travels Through the Canadas. R. Philips. Londres. —citado por Alfred Sandham en The Coins, Medals and Tokens of the Dominion of Canada ("As moedas, medallas e fichas do Dominio do Canadá; Montreal, 1869), di que cada carta levaba o selo das armas de Francia gravado en cera, así como o seu valor facial e as sinaturas do tesoureiro, do gobernador xeral e do intendente.Sandham, A. (1869). Páxina 5. Semella difícil crer que tantas inscricións puidesen aparecer nunha superficie tan pequena como a dun cuarto dunha carta de baralla, e o eminente historiador estadounidense Francis Parkman, en The Old Regime in Canada ("O Vello Réxime no Canadá"; Boston, 1910),Parkman, F. (1910). The Old Regime In Canada. Boston. ao se referir a un memorando dirixido ao rexente en 1715 para a descrición destas cartas, non se decatou de que o autor indica valores distintos aos da emisión orixinal e semella referirse a unha emisión posterior. Hai todos os motivos para crer que as cartas de de Meulles só levaban o selo dunha flor de lis coroada en cera de lacre, o seu valor e as sinaturas do secretario do tesoureiro e do intendente.Breton, P. N. (1894). Páxinas 12-13.

Este diñeiro de emerxencia foi trocado por diñeiro en efectivo tan pronto como puido obterse, e despois as tarxetas foron canceladas e destruíronse no lume.

Tipoloxía das moedas-carta miniatura|Moeda de carta emitida en 1729. Ademais das sinaturas e marcas manuscritas, leva un selo de cera cunha flor de lis (Departamento de Arquivos do Banco de Montreal). No Canadá Uns anos despois da experiencia inicial, emitíronse novas moedas de carta en outubro de 1711. A primeira serie retirouse da circulación e seguiron outras emisións en 1714 e 1717; con esta última ordenouse a retirada completa das cartas antigas".

Segundo Pierre Napoléon Breton, "a primeira descrición das cartas só se pode atopar na deliberación adoptada o 1 de outubro de 1711 polos Sres. de Vaudreuil, gobernador; Raudot, intendente, e Monseignat, contralor da Mariña; pero só en relación coa produción de 3.000 cartas de 100 libras e 3.000 cartas de 50 libras: a inscrición nas cartas de 100 libras estaba de lado a lado da páxina, en cartas negras (é dicir, cartas con figuras negras), e a inscrición das cartas de 50 libras de arriba a abaixo en cartas completamente vermellas (é dicir, con figuras vermellas)".Breton, P. N. (1894). Páxina 16. miniatura|Emisión de moeda de carta de 1757, con valor de 15 soldos, asinada na parte superior. Esta moeda de carta foi moi popular no país ata a declaración do Rei do 5 de xullo de 1717, que ordenaba que o diñeiro de cartón deixase de ter curso legal no Canadá, agás pola metade do valor escrito nas cartas. A declaración tamén aboliu a moeda do país e introduciu a moeda francesa. Mentres tanto, o diñeiro de cartón perdera valor por mor da súa excesiva emisión. Con todo, as cartas ficaron en circulación por necesidade ata 1719. "En 1720, todas estas cartas foron recompradas polo Goberno". De feito, segundo James Powel, "como a moeda de cartón non fora substituída por ningún outro medio de intercambio, esta reforma monetaria desencadeou unha recesión. Fixéronse tentativas para remediar a situación pondo en circulación moedas de cobre, en 1722,En 1721, cuñouse unha moeda de cobre con valor nominal de nove diñeiros nas cecas de La Rochelle e de Rouen para a colonia. Véxase Atherton, W. H. (1914). Páxina 276."France, Louis XV, 9 deniers, 1721-1722". Numicanada.com pero estas non foron ben recibidas polos comerciantes. Os particulares tamén emitían billetes baseados na súa propia solvencia como medio de pagamento, unha práctica que existía antes da retirada do diñeiro de cartas e que se utilizou de xeito periódico durante o resto do século XVIII e gran parte do século XIX...".Powell, J. (2005).miniatura|Declaración do rei de Francia en 1717 pola que se reducía o valor do diñeiro de papel.O 2 de marzo de 1729, unha nova ordenanza autorizou a produción dun total de 400.000 libras en cartas de 24 libras, 12 libras, 6 libras, 1 libra, 20 soldos, 15 soldos, e 7 soldos e 6 diñeiros. Ao contrario das cartas de baralla postas en circulación entre 1685 e 1714, as deste novo período foron impresas en cartón branco liso, sen ilustracións, e as súas dimensións variaban segundo o seu valor facial. Esta foi, xa que logo, unha forma de moeda fiduciaria, sen dúbida inspirada na desastrosa experiencia da Banque Générale. Segundo William Henry Atherton, "este sistema continuou ata a época do Intendente Bigot e a caída da Nova Francia. O inventario de Montreal de Jacques Le Ber, datado o 7 de xuño de 1735, inclúe 84 libras, oito soldos e tres diñeiros en moedas, e un valor de 2.833 libras en cartas, demostrando a predominancia da moeda de cartas".

As ordonnances de Bigot Atherton sostén que este sistema, que era equivalente a letras de crédito ou de cambio, funcionaba do seguinte xeito:

A Provincia de Quebec baixo dominio británico Estas emisións continuaron no Canadá e máis aló ata 1771, combinados con ordes de pagamento e letras de cambio, que non foron reembolsadas por Francia logo da derrota de 1760."Une nouvelle émission de monnaie de carte". Numicanada.com. 29 de marzo de 2004.

A guerra que estalou no Canadá provocou un fondo rebumbio nas finanzas da metrópole, xa castigadas polos gastos da Guerra dos Sete Anos. O pagamento dos gastos da colonia foi suspendido por unha orde do 15 de outubro de 1759, e as letras de cambio libradas contra a Tesouraría ficaron sen pagar. O Canadá, abandonado pola metrópole e cos seus cativos recursos, viu axiña como o seu diñeiro de papel caía en completo desprestixio e perdía todo o seu valor comercial. Logo da promulgación da paz, o Consello de Estado, por un decreto do 29 de xuño de 1764, decidiu abolir e liquidar a moeda de carta, que durara oitenta anos.Breton, P. N. (1894). Páxinas 19-20.

Non se conservan ata hoxe cartas dos anos 1685-1714.

Falsificación e sancións Segundo James Powel, as cartas comezaron a falsificarse case de inmediato. Logo da orde de De Meulles que anunciaba a recompra do diñeiro de cartas o 5 de setembro de 1685, a falsificación estivo suxeita a severas penas.Powell, J. (2005). Páxina 6. Nota 7.

Phares O. Sigler relata que "apareceron algunhas falsificacións de moeda de cartón en tanto que ían póndose en circulación as diferentes emisións e con diversos valores faciais, ano a ano. As cartas en circulación estaban ás veces tan gastadas e deterioradas que mesmo os falsificadores sen talento tiñan a tentación de as copiar. Ao principio, esta ameaza preocupaba pouco ás autoridades locais porque, como se sinalou, a maioría dos nativos non eran o suficientemente astutos para seren bos falsificadores, polo que calquera intento de falsificación de cartas era detectado de camiño e os infractores eran levados ante a xustiza. A facilidade coa que este diñeiro podía ser imitado foi unha das principais obxeccións do rei, e o 5 de setembro de 1685, as autoridades locais acabaron por admitir que algunhas destas cartas foran falsificadas".Sigler, P. O. (1961). Páxinas 17-18.