Ramón Conde Ramos nado en Santa Marta (Tioira, Maceda) o 23 de decembro de 1907 e finado no campo de concentración de Gusen o 1 de decembro de 1941, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis. miniatura|Rexistro Mauthausen Traxectoria Durante a guerra civil española foi garda de seguridade uniformado en Barcelona, da 3ª Compañía, do 1º Grupo de Asalto, e Madrid, no 22 Grupo de Asalto. Formou parte do medio millón de exiliados republicanos que fuxiron a Francia coa caída de Cataluña, en febreiro de 1939. miniatura|Rexistro da morte Confinado no campo de Argelès, posteriormente ingresou nunha das Compañías de Traballadores Estranxeiros creadas polo Goberno francés para axudar nas tarefas de defensa. A invasión alemá provocou a morte de moitos deles e outros, uns 7000, foron detidos polos invasores. En concreto, pertenceu á CTE número 2, formada o 30 de abril de 1939, destinada en Courbaton, na comuna de Bourg-Saint-Maurice desde o 24 de maio de 1939 e en Baerendorf, na Alsacia, desde febreiro de 1940. Foi capturado polos alemáns e encarcerado en Belfort, na fronteira con Suíza. Entrou en Mauthausen o 27 de xaneiro de 1941, procedente do Stalag XI B Fallingbostel, co número 5471. Foi catalogado como de profesión panadeiro e estado civil solteiro. Consta como residencia "calle Miguel Soler, Alicante".

O 8 de abril de 1941 foi trasladado a Gusen, o matadoiro, onde faleceu. O aviso oficial de deceso foille enviado o 15 de xuño de 1950 á súa irmá Dolores Conde Ramos na súa aldea natal.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Nados en Maceda