Echo of Miles: Scattered Tracks Across the Path é un álbum recompilatorio de 3 CD da banda de rock estadounidense Soundgarden, publicado o 24 de novembro de 2014 a través do selo A&M Records. O álbum é unha colección de rarezas, temas en directo e material inédito que abrangue a historia do grupo. Inclúe cancións xa lanzadas, como "Live to Rise", "Black Rain", "Birth Ritual" e outras, así como unha versión recentemente gravada dunha canción da maqueta da banda de 1985 anterior a Matt Cameron, "The Storm", agora titulada simplemente "Storm", que foi producida por Jack Endino.
Aínda que é bastante exhaustiva, hai algunhas ausencias notables nesta recompilación: "Incessant Mace" do casete recompilatorio Pyrrhic Victory de 1986 (con Chris Cornell á batería), "Heretic" e "Tears to Forget" do recompilatorio Deep Six de 1986 (con Scott Sundquist á batería), e unha regravación de "New Damage" con Brian May do recompilatorio Alternative NRG de 1993.
Kim Thayil tamén mencionou en entrevistas anteriores que hai máis temas inéditos que aínda non viron a luz. Ningún destes temas está en Echo of Miles, a pesar de que Thayil expresou que quería lanzar un recompilatorio de caras B con estas cancións. As edicións de luxo dos álbums de estudio da banda Ultramega OK, Badmotorfinger e Superunknown lanzaronse entre 2014 e 2017. Os tres contiñan ensaios demo, remesturas, versións alternativas ou tomas descartadas, algunhas das cales non apareceron en Echo of Miles.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Soundgarden Categoría:Recompilatorios de 2014 Categoría:Álbums producidos por Categoría:Álbums de