José Pascual Alba Seva, máis coñecido como Pascu, nado en Santa Pola o 2 de abril de 2000, é un futbolista valenciano que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Racing de Ferrol da Primeira Federación.
Traxectoria en clubs No ano 2013 ingresou nas categorías inferiores do Valencia Club de Fútbol. Terminada a súa formación deportiva, no verán de 2018 foi promovido ao Valencia Mestalla da Segunda División B. O seu debut sénior tivo lugar o 2 de setembro de 2018, cando xogou nun partido contra o Club Deportivo Teruel.
O 24 de agosto de 2020 anunciouse a súa fichaxe polo ADO Den Haag. Pascu realizou a súa estrea profesional na Eredivisie o 27 de setembro de 2020, cando participou nun encontro perante o Feyenoord. O 9 de xullo de 2021 pasou a formar parte do FC Dordrecht da Eerste Divisie, a segunda división do fútbol neerlandés. Tras unha boa tempada con 37 participacións e un gol, en xullo de 2022 Pascu asinou un contrato co Almere City por dous anos con opción a un terceiro.
Tras finalizar a súa vinculación co Almere City, o 30 de xullo de 2024 foi anunciado como novo xogador do Club Deportivo Arenteiro da Primeira Federación. O 30 de xuño de 2025 asinou contrato con outro equipo da mesma categoría, o Racing de Ferrol.
Traxectoria internacional Pascu foi internacional coa selección de fútbol sub-18 de España e participou nos Xogos Mediterráneos de 2018.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Pascu en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados na provincia de Alacant Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do ADO Den Haag Categoría:Xogadores do FC Dordrecht Categoría:Xogadores do CD Arenteiro Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol