Anthony Khayat, nado nos Emiratos Árabes Unidos o 13 de febreiro de 2007, é un futbolista emirático-libanés que xoga coma defensa no Celta de Vigo Fortuna, o filial do Celta de Vigo. Na tempada 2025-26 compite na Primeira Federación española de fútbol, a terceira categoría estatal. A súa posición é de defensa central. Traxectoria Anthony Khayat chegou ao Celta desde o Fursan Hispania, equipo de fútbol que preside Míchel Salgado e co que o club celeste ten un acordo de colaboración. De feito, Khayat leva competindo torneos co club vigués desde os dez anos.

Khayat é tamén internacional coa selección de fútbol sub-20 dos Emiratos Árabes Unidos.

Notas

Categoría:Nados en 2007 Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B