Past Lives é un filme dramático surcoreano-estadounidense de 2023 escrito e dirixido por Celine Song no seu debut como directora de longametraxes. Está protagonizado por Greta Lee, Teo Yoo e John Magaro, segue a dous amigos da infancia ao longo de 24 anos mentres contemplan a natureza da súa relación a medida que se afastan e viven vidas diferentes. O argumento é semiautobiográfico e inspírase en elementos reais da vida de Song.

"Past Lives" estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 21 de xaneiro de 2023 e distribuíuse a través de A24 nos Estados Unidos o 2 de xuño e por CJ ENM en Corea do Sur, cunha estrea limitada o 26 de febreiro de 2024 e outra de carácter nacional o 6 de marzo. O filme recibiu eloxios da crítica e recadou 42,7 millóns de dólares en todo o mundo.

Foi considerado un dos dez mellores filmes de 2023 polo National Board of Review e o American Film Institute, recibindo múltiples recoñecementos, con cinco nomeamentos nos Globos de Ouro e dous na 96ª edición dos Óscar nas categorías de mellor filme e mellor guión orixinal. Dende a súa estrea, foi incluído nas listas dos mellores filmes da década de 2020 e do século XXI.

Cast

Greta Lee como Nora Moon/Moon Na Young Seung Ah Moon como Nora de nena Teo Yoo como Jung Hae Sung Seung Min Yim como Jung Hae Sung de neno John Magaro como Arthur Zaturansky Ji-Hye Yoon como nai de Nora Choi Won-young como pai de Nora Min Young Ahn como nai de Hae Sung Jojo T. Gibbs como Janice Emily Cass McDonnell como Rachel Federico Rodriguez como Robert Conrad Schott como Peter Kristen Sieh como Heather

Notas

Véxase tamén Bibliografía (Radio review of the film)

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Celine Song Categoría:Filmes rodados en Corea do Sur Categoría:Filmes ambientados en Seúl Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en 2024 Categoría:Filmes ambientados en 2000 Categoría:Filmes ambientados en 2012 Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de A24 Films