miniatura|Cerimonia de queima de billetes funerarios en Taiwán.|373x373px Os billetes funerarios (en chinés tradicional: 金紙; simplificado: 金纸; pinyin: jīnzhǐ), coñecidos tamén como diñeiro de fantasmas ou diñeiro de pantasmas, son billetes de fantasía, ás veces con deseños específicos e outros como réplicas de billetes reais, utilizados polos budistas do Leste de Asia como parte dunha tradición na que se queiman en memoria dos familiares e amigos finados.Adair, A. et al. "Hell Money". School of Social Sciences. UC Irvine (sites.socsci.uci.edu)McMahon, M. (2024). "What is Joss Paper?". CulturalWorld.org. 23 de maio."Making of Chinese Paper Offerings". National Heritage Board (Roots.gov.sg).
A fabricación e queima de billetes funerarios practícase na China e na Asia oriental desde finais do século XIX.Lloyd, R. I.; Yogerst, J. R. (2002). Singapore: state of the art. R. Ian Lloyd Productions, Singapur. Páxina 38. ISBN 981-04-6589-0 Os billetes impresos a principios do século XX semellan as moedas que se empregaron nos negocios na China desde aquela época ata mediados da década de 1940.Smith, W. D.; Matravers, B. (1970). Chinese Banknotes. Shirijieh Publishers. Páxinas 144-145. ISBN 9780912496122
Uso A finalidade deste rito é que o diñeiro —logo de se queimar en pequenos fornos rituais nas propias casas ou nos templos— poida ser usado polas persoas falecidas na vida despois da morte. Ademais de honrar os falecidos, os billetes funerarios úsanse tamén para arredar os espíritos malignos. Estes billetes decóranse adoito con selos, anacos de papel e outros motivos.
Habitualmente, o diñeiro de fantasmas simboliza o cambio, o crecemento e o pagamento das débedas espirituais. Os familiares pódeno empregar para saldar as débedas espirituais que o falecido adquirira durante a súa vida, xa que, aínda que estas débedas tamén se puideron saldar en vida, os budistas cren que a súa cancelación non pode ser completa ata que, logo do pasamento, os familiares acaben de pagalas cos billetes funerarios e, deste xeito, poida continuar o ciclo da reencarnación.
Para a súa queima, o diñeiro pódese dobrar nun xeito específico, na crenza de que dese xeito traerá boa sorte, e tamén para que este diñeiro de fantasía se poida distinguir do diñeiro real. Con todo, non todos os budistas consideran esta práctica apropiada e, xa que logo, non participan nela. miniatura|Billetes funerarios dispostos para a súa venda en Taichung, China.|280x280px Xulgando polas pedras, os ósos e os fragmentos de cunchas achados nalgunhas tumbas, é probable que se lles fixesen ofrendas de riquezas aos mortos xa no primeiro milenio a.C. Ademais, no canto de billetes, acháronse tamén en tumbas máis recentes de persoas adeiñeiradas reproducións de diñeiro realizadas en cerámica e en metal.
En ocasións, os billetes de fantasmas lánzanse ao aire sen queimalos, aínda que esta práctica se afasta da tradición e é motivo de crítica pola desorde que ocasiona.Sholihyn, I. (2020). "Netizens explain why joss paper is tossed in the air, but religious leaders have urged against it". En Asia One (Asiaone.com). 21 de agosto. Por outra banda, tamén a queima masiva de papel xera controversia nalgúns sectores, pola súa toxicidade e pola contaminación que esta práctica xera.Kherzi, B. et al. (2015). "Annual Air Pollution Caused by the Hungry Ghost Festival". En Environmental Science: Processes and Impacts. Vol. 17. Nº 9. "Vietnam Buddhist Association Slams Burning of Joss Papers as Ostentatious 'Superstition'". Saigoneer.com. 23 de febreiro de 2018.
Na actualidade, os billetes funerarios pódense adquirir en numerosos comercios do Leste asiático e tamén no exterior dos templos budistas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Gates, H. (1987). “Money for the Gods”. En Modern China. Vol. 13. Nº 3. Páxinas 259-277. McCreery, J. (1990). “Why Don’t We See Some Real Money Here?: Offerings in Chinese Religion”. En Journal of Chinese Religions. Nº 18. Páxinas 1-24. Seaman (1982). "Spirit Money: An Interpretation". En Society for the Study of Chinese Religions Bulletin. Vol. 10. Nº 1.
Ligazóns externas Vídeo: Proceso de fabricación de billetes funerarios Vídeo: Por que os chineses queiman papel?
Categoría:Billetes Categoría:Budismo Categoría:Morte Categoría:Tradicións Categoría:Crenzas e supersticións Categoría:Cultura da China Categoría:Asia Oriental