José María Amo Torres, nado en Guillena o 9 de abril de 1998, é un futbolista andaluz que xoga na posición de defensa central. O seu equipo actual é o Club Deportivo Lugo da Primeira Federación.

Traxectoria en clubs Sevilla Con 6 anos de idade ingresou nas categorías inferiores do Sevilla Fútbol Club. Formado inicialmente como centrocampista, posteriormente pasou a ocupar a posición de defensa central. O 4 de outubro de 2015, con tan só 17 anos, Amo debutou como titular do Sevilla Atlético nun partido da Segunda División B contra o Marbella Fútbol Club. Ese mesmo ano foi seleccionado por The Guardian como un dos futbolistas xuvenís con máis talento do mundo.

Amo continuou a xogar co filial sevillano durante a tempada 2015/16 e contribuíu a alcanzar o ascenso á Segunda División. O 15 de xuño de 2016, a pesar de ter sufrido unha lesión nun ligamento, Amo renovou contrato co Sevilla até 2019. O 21 de febreiro de 2017 anotou dous goles nun partido de dezaseisavos da Liga Xuvenil da UEFA, aínda que o encontro concluíu nunha derrota por 2-3 contra o conxunto xuvenil do Atlético de Madrid.

O debut profesional de Amo tivo lugar o 19 de marzo de 2017, cando foi substituto de Marc Gual nun partido do Sevilla Atlético contra o Real Zaragoza; tras a expulsión de Fabrice Ondoa, Amo ocupou a posición de gardameta nos últimos minutos sen encaixar ningún gol. O 10 de decembro dese ano sufriu novas lesións no xeonllo, tanto no ligamento coma no menisco. Con todo, Amo foi nomeado para o Premio Golden Boy do ano 2018.

Amo marcou o seu primeiro gol sénior o 23 de febreiro de 2019, cando lanzou exitosamente o penalti que lle valeu ao Sevilla Atlético unha vitoria por 2-1 contra o Club Recreativo Granada. O 7 de maio, tras participar en 26 partidos durante a tempada, Amo renovou co club sevillano por outro ano. Na campaña 2019/20 foi nomeado capitán do equipo filial.

Ponferradina O 6 de agosto de 2020, xa como axente libre, Amo fichou pola Sociedad Deportiva Ponferradina da Segunda División. Anotou o seu primeiro gol profesional o 11 de xaneiro de 2021, cando marcou o tanto do empate por 1-1 perante o Girona Fútbol Club. O 3 de xuño de 2022 renovou contrato coa Ponferradina.

Tenerife O 12 de xullo de 2023 asinou un contrato por tres tempada co Club Deportivo Tenerife.

Lugo En xullo de 2025 pasou a formar parte do Club Deportivo Lugo da Primeira Federación.

Traxectoria internacional José María Amo foi internacional nas categorías inferiores da selección española, incluído o conxunto sub-19 e o conxunto sub-21.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas José María Amo en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados na provincia de Sevilla Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-17 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21