Semiotics of the Kitchen ("Semiótica da cociña" en lingua inglesa) é unha obra audiovisual feminista de Martha Rosler, publicado en 1975. O vídeo, que dura seis minutos, considérase unha crítica das versións mercantilizadas dos roles tradicionais das mulleres na sociedade moderna.

Escenario Rosler adopta no vídeo o papel dunha “anti Julia Child”, a popular chef da televisión americana de quen se di que, na década de 1960, introduciu a gastronomía de Francia nos fogares dos Estados Unidos de América. A artista aparece ante unha mesa de cociña e vainos mostrando varios utensilios por orde alfabética, empezando por “apron” (mandil) e terminando por “tenderizer” (maza). Despois de identificalos, demostra usos improdutivos, e ás veces violentos, para cada un. Como suxire o irónico título da obra, e tamén a agresividade coa que a artista demostra o uso de cada obxecto, o que era un vocabulario de obxectos domésticos transfórmase nun léxico de rabia e frustración. En palabras da propia Rosler: “Cando a muller fala, dá nome á súa propia opresión.”

Notas

Categoría:Semiótica

Categoría:Filmes de 1975 Categoría:Feminismo nos Estados Unidos de América