"Being Beige" é o primeiro sinxelo do décimo álbum de The Smashing Pumpkins, Monuments to an Elegy. A canción foi lanzada a través de SoundCloud o 20 de outubro de 2014. Antecedentes e gravación A canción mencionouse por primeira vez na páxina web dos Smashing Pumpkins co título provisional de "World's On Fire", e máis tarde co título de "Being Beige (World's On Fire)". Falando da canción con Rolling Stone, o líder da banda Billy Corgan dixo: "A xente sempre me pide que explique cancións, e sinceramente non podo. Pero se hai honestidade nesta letra, é que hai algo mal no noso cosmos. Con todo, debemos amar".

Notas

Categoría:Cancións de The Smashing Pumpkins Categoría:Sinxelos de 2014