A tempada 2005-2006 da Naisten SM-sarja foi a 24ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia.
Ao finalizar a tempada o Ilves gañou o seu noveno campionato logo de 12 anos logo de derrotar nas finais (3-0) ás Kärpät de Oulu. Pola súa banda as Blues de Espoo conseguiron a medalla de bronce logo de derrotar ás xogadoras do IHK no partido polo bronce (3-2).
Nesta edición, a selección da China foi invitada a participar como o sétimo equipo da competición, xogando dous partidos contra cada un dos outros participantes (12 partidos en total). O acordo estivo enmarcado na preparación para os Xogos Olímpicos de Inverno do equipo asiatico, ademais, as dúas mellores atacantes chinesas, Rui Sun e Fengling Jin integráronse nas filas das Blues ata o final da tempada.
Equipos participantes NomeCidadeBlues EspooIlves TampereIHK HelsinquiJyväskylä Hockey Cats JyväskyläKärpät OuluTappara TampereChina China
Liga regular Ao principio da tempada xogouse unha liga regular en formato de liga todos contra todos na que cada equipo xogou un total de 22 partidos. A clasificación final determinou os dous equipos que se clasificaron directamente para as semifinais, así como os cruces dos outros catro equipos, excluíndo o equipo chinés da loita polo título.
Pos. Equipo PX V OTW E OTL D GF GC DG Pts1Ilves 22 18 0 1 0 3 101 32 +69 372Blues 22 17 0 0 0 5 113 31 +82 343Kärpät 22 12 1 4 0 5 81 51 +30 304IHK 22 12 0 2 0 8 111 52 +49 265Cats 22 3 0 1 2 16 33 117 -84 96Tappara 22 0 0 2 1 19 27 148 -121 3 -China 12 2 2 0 0 8 31 66 -35 8
Estatísticas das xogadoras miniatura|Karoliina Rantamäki (nunha imaxe de 2008) foi a máxima puntuado e goleadora na liga regular Líderes de anotación
XogadoraEquipo1 Karoliina Rantamäki Blues2320432 Petra Vaarakallio Blues1326393 Saara Tuominen Ilves2117384 Anne Helin IHK2211335 Piia Lallukka Blues1617336 Sari Fisk Blues1713307 Rui Sun China1514298 Henna Savikuja IHK1217299 Marja-Helena Pälvilä Kärpät15112610 Johanna Koivula Ilves91726
Play-offs As series polo título decidíronse entre todos os equipos participantes, coa excepción do equipo chinés. As eliminatorias de cuartos de final disputáronse ao mellor de tres partidos, mentres que as finais e as semifinais disputáronse ao mellor de cinco partidos, mentres que o partido polo bronce disputouse a partido único.
Equipo campión O equipo do Ilves que conquistou o campionato finlandés feminino na tempada 2005-06 estivo integrado polas seguintes xogadoras:
Ilves Porteiras: Miia Viljanen, Maija Hassinen
Patinadoras: Saara Tuominen, Johanna Koivula, Henna-Maija Turunen, Mari Saarinen, Heidi Pelttari, Eveliina Similä, Sanna Sainio, Venla Heikkilä, Linda Välimäki, Anna Ylisirkka, Anna Aaltomaa, Kirsi Koponen, Katja Orenius, Jenni Hiirikoski, Eija Mäkinen, Piia Perälä, Nina Linde, Susanne Koskinen, Julia Välimäki, Minna Paija </div>
Promoción Nesta tempada, os dous equipos eliminados nos cuartos de final (Tappara e Cats) disputaron un play-off de dúas roldas pola permanencia. Na primeira rolda ambos equipos enfrontáronse entre eles nunha eliminatoria ao mellor de tres partidos, o gañador mantivo a categoría, mentres que o perdedor disputou unha eliminatoria máis fronte o campión da segunda categoría..
Primeira rolda
Cats gañan a serie e se mantéñense na categoría.
Segunda rolda
Tappara gaña a serie e se mantén a categoría.
Notas
Referencias
2006 Categoría:Hóckey sobre xeo en 2006 Categoría:Hóckey sobre xeo en 2005