A eurocidade de Salvaterra de Miño-Monçao, tamén coñecida ás veces coma eurocidade Salvaterra-Monçao, é a denominación coa que se coñece á conurbación transfronteiriza situada entre os concellos de Salvaterra e Monçao, en Galicia e Portugal respectivamente. Ambos núcleos de poboación están separados pola fronteira natural que exerce o río Miño. Entre ambos concellos, unidos desde 1995 por unha ponte internacional, suman 28.277 habitantesSegundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 Salvaterra de Miño posuía 10.459 habitantes. Por outra banda, Monçao posúa, segundo datos de 2021, unha poboación de 17.818 habitantes. Sumados, conforman un total de 28.277.. Foi establecida o 28 de marzo de 2005.
Xunto coas vilas raianas de Tui, Tomiño e Verín, conforman unha das catro eurocidades de Galicia.
Historia 200px|miniatura|esquerda|Ponte Internacional do Minho. Ao fondo, a vila de Salvaterra. A inauguración da ponte internacional sobre o río Miño entre Monção e Salvaterra de Miño, o 29 de marzo de 1995, marcou un punto de inflexión nas relacións entre ambas localidades. A nova conexión viaria facilitou o incremento dos intercambios sociais, culturais, deportivos e económicos entre os dous municipios fronteirizos.
Este proceso de achegamento institucional consolidouse dúas décadas despois coa celebración do 20º aniversario da ponte, que deu lugar a diversos actos conmemorativos e á formalización do irmandamento entre os dous concellos o 13 de marzo de 2005.
No marco desta colaboración, o 13 de decembro asinouse no Cinema Teatro João Verde un acordo de cooperación entre Monção, Salvaterra de Miño e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia–Norte de Portugal (GNP-AECT), que sentou as bases para a creación da Eurocidade Monção–Salvaterra de Miño. En dita reunión, liderada polo Presidente da Câmara Municipal de Monção, Augusto Henrique de Oliveira Domingues, e polo alcalde do Concello de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal Vaqueiro, asinouse un "Protocolo de irmandamento entre os municipios de Monção (rexión norte de Portugal) e Salvaterra de Miño (Galiza, España)", no que se incluíron oito acordos fundamentais.
O acordo establece liñas de colaboración en ámbitos como a promoción do río Miño, o desenvolvemento turístico baseado no patrimonio natural e cultural, a valorización da enoloxía e da gastronomía local, así como a organización de actividades culturais e deportivas e o uso compartido de equipamentos municipais. Tamén contempla o aproveitamento de programas europeos destinados á cooperación transfronteiriza.
Desde 2017 conta cunha sede transfronteiriza.
Escudo A eurocidade conta cun escudo institucional similar á dos concellos galegos ou portugueses. Trátase dun brasón rectangular coa base redondeada, e divido en cinco seccións: dous superiores, dous centrais e unha inferior.
Na parte superior esquerda, loce unha ponte branca sobre un fondo dourado. Na parte superior dereita, unha silueta dun astro branco sobre un fondo laranxa, debuxando unha torre. Na parte central dereita obsérvase un círculo branco con ondas azuis en representación do río Miño que separa ambas cidades, todo el baixo un fondo tamén azul. Na parte central dereita figura un acio de uvas en branco sobre un fondo verde, facendo referencia á tradición e industria vitivinícola común da rexión, con grandes plantacións de viño Albariño. Finalmente, a sección inferior, sen elementos nin outros deseños, figura en cor vermella.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eurocidade Eurorrexión Cidades xemelgas Área metropolitana Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Ligazóns externas
Eurocidade Monçao-Salvaterra
Categoría:Eurocidades Categoría:Salvaterra de Miño