La misteriosa mirada del flamenco é un filme chileno de 2025 escrito e dirixido por Diego Céspedes, no seu debut como director. Está protagonizado por Tamara Cortés, Matías Catalán e Paula Dinamarca, e segue a Lidia, de 12 anos, mentres navega entre o medo e os prexuízos cando unha misteriosa enfermidade ameaza á súa familia queer nunha remota cidade mineira do norte de Chile na década de 1980.
O filme é unha coprodución entre Chile, Francia, Bélxica, España e Alemaña. Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2025 o 15 de maio, onde gañou o meirande premio da sección.
Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Tamara Cortés como Lidia Matías Catalán como Flamingo Paula Dinamarca como Mama Boa Pedro Muñoz como Yovani Luis Tato Dubó como Clemente Vicente Caballero como Julio Bruna Ramírez como Lioness Sirena González como Star Alexa Quijano como Eagle Francisco Diaz como Piranha
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Chile propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Chile Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Alemaña Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Chile Categoría:Filmes sobre temática LGBT de España Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Bélxica Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Francia