Nanjing Zhaoxiang Guan (en ) é un filme chinés de 2025 dirixido por Shen Ao. Está protagonizado por Liu Haoran, Wang Chuanjun, Gao Ye, Wang Xiao, Zhou You, Yang Enyou e Daichi Harashima. Ambientado no masacre de Nanjing, o filme segue a un grupo de civís que buscan refuxio nun estudio fotográfico en medio dunha brutalidade xeneralizada, que conseguen expoñer as atrocidades cometidas polo Exército Imperial Xaponés.
Nanjing Zhaoxiang Guan estreouse o 25 de xullo de 2025. Chegou a recadar 381 millóns de dólares, converténdose no terceiro filme chinés máis exitoso de 2025. Foi escollido como candidato da China para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado."Oscar International Feature Shortlist: Iraq First Time With ‘The President's Cake’", Deadline Hollywood, by Nancy Tartaglione, 16 de decembro de 2025.
Personaxes Liu Haoran como Su Liuchang ("Ah Chang") Wang Chuanjun como Wang Guanghai Daichi Harashima como Gao Ye como Lin Yuxiu Wang Xiao como Jin Chengzong Zhou You como Song Cunyi Yang Enyou como Jin Wanyi Wang Zhen'er como Zhao Yifang
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da China propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes ambientados en 1937