Elisa Reigada Pérez, nada en Vilardevós o 19 de outubro de 1912, foi unha mestra galega.
Traxectoria Estudou o bacharelato no Instituto de Ourense despois pasou á Normal de Ourense. Titulada en Maxisterio, en 1932 foi nomeada mestra interina de Salgueiros (Xunqueira de Ambía),Magisterio Orensano, 22-9-1932, p. 4. e en febreiro de 1934 de Tintores (Verín).La Región, 15-2-1934, p. 6. En 1936 era mestra de Vences (Monterrei). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurada. No proceso de depuración foi sancionada o 24 de abril de 1940 con dous anos de emprego e soldo e traslado forzoso fora da provincia. Foi destinada a Valvonilla (Burgos). Revisado o seu expediente o 18 de setembro de 1941, a sanción foi atenuada e concedéronlle a escola de Piñor (Barbadás).La Región, 18-11-1941, p. 2. Volveu ser mestra en Vences en 1942.El Pueblo Gallego, 26-9-1942, p. 5. En 1948 foi destinada á Granxa (Ourense) pola quenda de consortes.La Región, 29-6-1948, p. 2. Nos anos cincoenta era mestra de Reza.
Vida persoal Casou en Verín co mestre Leonardo Cudeiro Loureiro en setembro de 1933,La Región, 8-9-1933, p. 1. e foi nai de Adelaida e José Carlos Cudeiro Reigada.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Elisa Reigada Pérez en Historia da nosas mulleres ourensás.
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vilardevós Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en ano descoñecido