Auguste de Belfort, nado o 26 de novembro de 1824 e finado o 12 de xuño de 1907, foi un historiador e numismático francés."Auguste de Belfort". Numista.com

Traxectoria Auguste de Belfort naceu no seo dunha familia aristocrática o 26 de novembro de 1824,"Belfort, Auguste de (1824-1907)". Bibliothèque nationale de France (catalogue.bnf.fr)."Belfort, Auguste de (26.11.1824 - 12.06.1907)". Münzkabinett. Staatliche Museen zu Berlin (ikmk.smb.museum). e traballou para a Administración imperial francesa co cargo de conselleiro de prefectura."Belfort, Auguste". Agora. Institut national d'histoire de l'art (agorha.inha.fr).

Paralelamente ao seu labor profesional, destacou polos seus estudos e as súas investigacións en materia de numismática medieval, sinaladamente de Francia, e foi autor de varias obras sobranceiras neste campo. Foi un asiduo visitante do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, onde escribiu un dos seus traballos máis notables, o Catalogue des monnaies mérovingiennes de la Bibliothèque nationale, un catálogo exhaustivo das moedas merovinxas conservadas nese Gabinete, publicado en cinco volumes entre 1892 e 1895, que achega información acerca da historia monetaria francesa da alta Idade Media. Para a confección desta obra, foi de grande importancia a clasificación das moedas merovinxias da colección numismática de Gustave de Ponton d'Amècourt, que o fillo deste lle proporcionou a Belfort.

Así mesmo, Auguste de Belfort foi un destacado coleccionista de antigüidades e de moedas da antiga Roma. A súa colección foi vendida parcialmente nunha poxa numismática celebrada en París en 1888.Delestre, M.; Hoffmann, M. H. (1888). Collection A. de Belfort. Médailles romaines... París, 1888.

Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, Belfort foi membro da Sociedade Francesa de Numismática, unha entidade da que foi nomeado tesoureiro en 1869, e posteriormente presidente, entre os anos 1890 e 1892."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org).

Auguste de Belfort finou o 12 de xuño de 1907.

Publicacións Esta é unha escolma dos principais traballos publicados por Auguste de Belfort ao longo da súa traxectoria:

Monografías (1881). Archives de la Maison-Dieu de Chateaudun. Societé française de numismatique, París.

(1892-1893). Description générale des monnaies mérovingiennes. Societé française de numismatique, París. (1892) Tome 1: Aballo-Cvsteciacvm. (1892) Tome 2: Daernalvm-Oxxellos. (1893) Tome 3: Paciacvs-Vvltaconnvs. (1894) Tome 4: Monnaies indéterminées. Supplément. (1895) Tome 5: Tables.

Artigos

(1894). "Lettre de M.A. de Belfort à M. Joh. W. Stephanik, au sujet des tiers-de-sol d’or avec la légende TRIECTVM". En Tijdschrift van het Koninklijk Nederlandsch Genootschap voor Munt- en Penningkunde. Vol. 2. Páxinas 31-37. (1894). "Lettre adressée par M.A. de Belfort à M. Joh. W. Stephanik, en réponse aux observations de M. G. Cumont, à propos des tiers de sou de TRIECTVM". En Tijdschrift van het Koninklijk Nederlandsch Genootschap voor Munt- en Penningkunde. Vol. 2. Páxinas 142-153.

Notas

Categoría:Nados en 1824 Categoría:Finados en 1907 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática