José Manuel Arnaiz Díaz, nado en Talavera de la Reina o 15 de abril de 1995, é un futbolista español que xoga como extremo no Granada, da Segunda División.

Traxectoria Nacido en Talavera de la Reina, debutou na Terceira División aos 18 anos nas filas da UD Talavera. En maio de 201, fichou polo equipo xuvenil do Real Valladolid. O 7 de novembro de 2015, despois de xogar regularmente co filial valisoletano, debutou co primeiro equipo na Segunda División, nun partido ante o Leganés. O 8 de xuño seguinte, despois de marcar 11 goles na tempada anterior, renovou o seu contrato ata 2019 e ascendeu definitivamente ao primeiro equipo.

O 25 de agosto de 2017 asinou polo FC Barcelona B, tamén de Segunda. O 24 de outubro de 2017 debutou co primeiro equipo do Barcelona nunha vitoria por 0-3 contra o Real Murcia na Copa do Rei, marcando un dos goles do seu equipo. Marcou tres goles ao longo de dita competición, necesitando só tres disparos para conseguilo.

Debutou na Primeira División o 7 de xaneiro de 2018, substituíndo a Sergi Roberto nunha vitoria por 3-0 contra o Levante.

Posteriormente pasou polas filas do Leganés e de Osasuna, antes de recalar en 2025 no Granada.

Notas

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Talavera de la Reina Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Valladolid B Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Granada CF