Alejandro "Álex" Balboa Bandeira, nado en Gasteiz o 6 de marzo de 2001, é un futbolista que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Club Deportivo Lugo da Primeira Federación. Nado no País Vasco, é internacional coa selección de fútbol de Guinea Ecuatorial.

Traxectoria en clubs Alavés Tras comezar a súa formación no Club Deportivo Aurrerá de Vitoria, en 2013 ingresou nas categorías inferiores do Deportivo Alavés. Na tempada 2020/21 alcanzou o seu debut sénior na Terceira División co Club San Ignacio, equipo asociado á estrutura do Alavés. Nesa campaña tamén participou co Deportivo Alavés B da Segunda División B.

O debut de Balboa co primeiro equipo do Alavés tivo lugar o 30 de novembro de 2021, cando foi titular nunha vitoria por 3-1 contra o Unami CP na Copa do Rei 2021/22. Balboa alcanzou a súa estrea profesional na Segunda División o 13 de agosto de 2022, nun partido contra o Club Deportivo Leganés no que foi substituto de Jon Guridi. O 12 de xullo de 2023 renovou contrato co Alavés até 2026.

Cesión ao Huesca O 8 de agosto de 2023 foi cedido a outro club da mesma categoría, a Sociedad Deportiva Huesca.

Almere City En xullo de 2024 pasou a formar parte do Almere City da Eredivisie cun acordo por dous anos e con opción a un terceiro.

Lugo O 1 de xullo de 2025 anunciouse a fichaxe de Balboa polo Club Deportivo Lugo da Primeira Federación cun contrato dunha tempada con opción a unha segunda.

Traxectoria internacional Balboa é internacional coa selección de fútbol de Guinea Ecuatorial. O seu debut sénior tivo lugar o 7 de setembro de 2021, cando participou nun partido amigábel contra Mauritania.

Vida persoal Nado en Gasteiz, Álex Balboa é fillo de pais ecuatoguineanos. É primo do futbolista retirado Javi Balboa, que tamén foi internacional coa selección ecuatoguineana e foi xogador do Real Madrid e do Benfica.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Álex Balboa en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Futbolistas de Guinea Ecuatorial Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés B Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Centrocampistas de fútbol