Yo no moriré de amor (Eu non morrerei de amor) é unha película de drama familiar de 2026 dirixida por Marta Matute e protagonizada por Júlia Mascort e Laura Weissmahr.
O filme estreouse no 29º Festival de Málaga de Cine Español o 11 de marzo de 2026 e gañou a Biznaga de Ouro.
Trama O filme está baseado na experiencia persoal da directora Marta Matute e nel fala da vida de Claudia, de 18 anos, dividida entre converterse en coidadora da súa nai que ten a enfermidade de Alzheimer ou aproveitar ao máximo a súa mocidade.
Notas
Categoría:Filmes sobre alzhéimer Categoría:Filmes de 2026 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España