Salve María é un filme español en lingua catalá de drama psicolóxico e thriller psicolóxico de 2024, dirixido por Mar Coll, quen o coescribiu xunto a Valentina Viso, baseado na novela Las madres no da escritora Katixa Agirre na que analiza a maternidade. Esta película está protagonizada por Laura Weissmahr e Oriol Pla.
Trama María (Laura Weissmahr), unha nova escritora que acaba de ser nai, tópase coa noticia dun suceso estremecedor: unha muller francesa afogou aos seus xemelgos de 10 meses na bañeira. María obsesiónase coa infanticida, por que os matou? A partir dese momento, a sombra do infanticidio axexaraa como unha vertixinosa posibilidade.
Notas
Categoría:Filmes en lingua catalá Categoría:Filmes de España