Daniel Nony, nado en Bugeat, Corrèze, o 28 de setembro de 1937 e finado en Massy, Essonne, o 9 de xuño de 2009,"Nony, Daniel". Fichier des décès. MatchID (deces.matchid.io). foi un historiador e numismático francés, profesor da Universidade de París.

Traxectoria

Daniel Nony acadou a cualificación como profesor de Historia en Bordeos en 1960 e foi residente na Casa de Velázquez en Madrid de 1965 a 1968."Daniel Nony". Numista.com"Nony, Daniel (1937-2009)". Bibliothèque nationale de France (catalogue.bnf.fr).

En 1969 comezou a exercer como profesor auxiliar de Historia Antiga na Universidade de París e, máis tarde, na Universidade de París 1 Panthéon-Sorbonne, onde desenvolveu toda a súa carreira e ascendeu ao posto de profesor titular.

Nony centrou boa parte dos seus estudos e das súas investigacións en materia numismática. Entre outras sociedades eruditas, foi membro da Sociedade Francesa de Numismática, unha entidade que presidiu entre 1979 e 1981."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org)."Les présidents de la SFN depuis 1965". En Bulletin de la Société Française de Numismatique. Decembro de 2014. Nº 10. Páxinas 313-314.

Publicacións Esta é unha escolma das publicacións realizadas por Daniel Nony ao longo da súa traxectoria:"Nony, Daniel (1937-2009)". Persee.fr

(1961). “Le trésor d'Escoussans et les trésors de monnaies romaines en Gironde”. En Revue Numismatique. Tomo 3. Páxinas 91-107. (1967). “Le trésor de « folles » de Margaux (Gironde)” (con J. Cabarrot). En Revue Numismatique. Tomo 8. Páxinas 199-240. (1978). “Un Atelier de faux monnayeurs du XVIIe S. a Despeñaperros (Jaén)” (con M. Dhénin). En Acta Numismàtica. Vol. 8. Páxinas 207-212. (1979). “Le trésor de Néry (Oise), monnaies de bronze sous Postume” (con H. Huvelin). En Revue Numismatique. Tome 20. Páxinas 89-107. (1983). “Une émission préaugustéenne à Cartenna (Maurétanie)” (con M. Amandry). En Revue Numismatique. Tomo 25. Páxinas 57-62. (1997). “André Chastagnol (1920-1996)” (con X. Loriot). En Revue Numismatique. Vol. 152. Páxinas 5-8. (2007). “Hélène Huvelin (1916-2006)” (con C. Brenot e X. Loriot). En Revue Numismatique. Vol. 163. Páxinas 5-7 .

Notas

Categoría:Nados en 1837 Categoría:Nados no departamento de Corrèze Categoría:Finados en 2009 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Profesores da Universidade de París Categoría:Personalidades sen imaxes